Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 873 novas da área temática Pesca:

03/02/21 | 18:50

Medio Ambiente e entidades de pesca fluvial da Coruña abordan o contido da orde reguladora da tempada 2021, que se publica mañá

A conselleira Ángeles Vázquez mantivo esta tarde unha reunión telemática con membros das principais sociedades de pescadores da provincia coruñesa no marco da rolda de contactos co sector que iniciou no mes de xaneiro

03/02/21 | 12:43 | C. de Economía e Industria

A Xunta apoia a candidatura aos fondos europeos do proxecto de mobilidade sustentable Green Bay para a electrificación do transporte marítimo

O vicepresidente económico, Francisco Conde, e a conselleira do Mar, Rosa Quintana, participaron en Vigo na presentación desta iniciativa que interrelaciona os sectores da automoción, o naval e o pesqueiro

02/02/21 | 10:46

Gardacostas requisa preto de 700 quilos de distintas especies de peixe e marisco e máis de 460 útiles, a maioría na ría de Pontevedra

Os axentes do organismo dependente da Consellería do Mar desenvolveron nos últimos días varios controis no litoral pontevedrés que se saldaron coa incautación duns 270 útiles e o comiso de case 132 quilos de produtos do mar

30/01/21 | 11:57

A Xunta salienta o papel clave do Clúster da Loxística para desenvolver a estratexia ‘Galicia, porto unico’ de cara a 2030

O Executivo galego destaca que a alianza público-privada acadada dentro desta organización é unha boa ferramenta para conseguir unha unidade portuaria na comunidade máis intelixente, máis sostible e máis responsable

29/01/21 | 12:57

Galicia lanza unha ferramenta para o seguimento das especies mariñas do seu litoral e vixiar posibles cambios no ecosistema

A rede parte do concepto de “ciencia cidadá” e pretende involucrar ao conxunto da sociedade na comunicación dos descubrimentos de especies raras ou non habituais realizados nas costas da comunidade

27/01/21 | 18:40

Medio Ambiente publicará a próxima semana a orde pola que se regulan as normas da nova tempada de pesca fluvial en Galicia

A conselleira Ángeles Vázquez mantivo esta tarde unha reunión telemática con membros das sociedades de pescadores da provincia de Pontevedra para abordar as normas que rexerán a actividade este ano e a convocatoria de axudas ao sector

27/01/21 | 12:09

Medio Ambiente regula a nova tempada de pesca da anguía na desembocadura do Ulla entre o 1 de febreiro e o 31 de outubro

A Consellería mantén para 2021 as principais condicións e medidas que rexeron durante o ano pasado con relación á práctica desta actividade tradicional

25/01/21 | 14:27 | C. de Economía e Industria

A Xunta e o Porto de Vigo colaboran para impulsar a reactivación económica e optar aos fondos europeos Next Generation

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, mantivo hoxe un encontro co presidente da Autoridade Portuaria, Jesús Vázquez Almuiña

25/01/21 | 13:53

A Xunta estudará as posibilidades de dotación de atraques no peirao de San Adrián de Cobres, en Vilaboa

A delegada territorial de Pontevedra e a presidenta de Portos de Galicia avaliaron cos representantes sectoriais as propostas de atracada