Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1142 novas da área temática Medio ambiente:

22/07/21 | 15:33

A Xunta pecha a rolda inicial de contactos para comezar a tramitación do Plan reitor do Parque natural do Xurés

O Goberno galego leva meses programando encontros con todos os axentes sociais e económicos da contorna, para coñecer o seu punto de vista e facelos partícipes desta ferramenta que determinará as actividades a desenvolver nos vindeiros anos

22/07/21 | 12:45

A Xunta adxudica as obras da nova planta de transferencia da Lama por máis de 1,1 millóns de euros

Estará localizada no polígono industrial de Racela, nunha parcela de 2.300 m2

22/07/21 | 12:16

Os axentes medioambientais liberan cinco xílgaros, tres paporroibos reais e un xirín localizados en gaiolas-trampa no concello de Viveiro

Os axentes ambientais do Distrito VI na Mariña lucense localizaron estes artefactos no decurso dun servizo de vixilancia, no que procederon a denunciar ao infractor

20/07/21 | 13:12

Axentes medioambientais localizan troitas procedentes da pesca deportiva recreativa almacenadas nun comercio hosteleiro

As inspeccións realizadas nun restaurante da comarca de Tabeirós pechouse co comiso de catro pezas, das cales tres non acadan os 19 cm, a dimensión mínima xeral de captura

20/07/21 | 12:41

A Xunta de Galicia apostou nos últimos anos por incrementar as poboacións de mexillón de río para mellorar a calidade das augas fluviais galegas e as poboacións piscícolas

Ángeles Vázquez recorda que este bivalvo é unha das especies máis ameazadas do planeta e Galicia, un dos seus últimos refuxios, acubilla á maior poboación ao sur de Europa

19/07/21 | 14:48

A Xunta planifica dar inicio á urbanización de San Paio de Navia despois do verán e pide ao concello de Vigo que axilice a necesaria aprobación do proxecto

Ángeles Vázquez lembra que a Administración local dispón desde comezos de maio da documentación completa relativa ás tres fases do proxecto

18/07/21 | 12:40

A Xunta organiza durante o verán unha decena de escolas de río para dar a coñecer a pesca sostible entre a mocidade galega

A formación, en colaboración coa Federación e cun investimento autonómico de 21.000 euros, levarase a cabo en escenarios situados na Arnoia, Zas, Rois, Ribadavia, Arzúa, Coristanco, Aranga, A Pontenova, Mazaricos e Rábade

17/07/21 | 12:33

O Parque Nacional das Illas Atlánticas promoverase este verán como destino turístico ‘Starlight’ con actividades gratuítas de observación astronómica

Por quinto ano consecutivo a Federación Galega de Astronomía organiza accións de dinamización nos catro arquipélagos abertas á participación de adultos e nenos

17/07/21 | 12:29

A Xunta apoiará a execución da senda fluvial entre Trasanquelos e Burricios no río Mendo

Ángeles Vázquez destaca que este proxecto municipal pon en valor patrimonio natural de 3,5 quilómetros da marxe dereito deste curso fluvial

17/07/21 | 11:23

Ángeles Vázquez lembra ao concello de Baralla que a Xunta dispón de varias medidas para rehabilitar inmobles e facilitar vivenda pública

Sinala que un dos mecanismos é o Fondo de Cooperación, un programa que ten o prazo aberto ata o 1 de outubro