Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 773 novas da área temática Emerxencias:

30/01/21 | 12:34 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O programa 'O teu Xacobeo' impulsará propostas municipais de sete concellos e ducias de actos promovidos por asociacións e empresas en toda a provincia

A Xunta destina máis de 92.000€ a financiar as iniciativas destes concellos para a promoción e dinamización do Ano Santo, que contará con 220 eventos en toda Galicia cun investimento total de 3,3 millóns de euros

30/01/21 | 11:32 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias pon en valor as propostas de Redondela, Mos e Soutomaior no marco da segunda edición de 'O teu Xacobeo'

A delegada territorial informa que a Xunta destina 22.490 euros a financiar estes proxectos promovidos polos concellos e destinados á dinamización do Ano Santo

29/01/21 | 12:55 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

'O teu Xacobeo' aproba unha ampla oferta sociocultural e deportiva na provincia de Ourense para promover Galicia e o Ano Santo

O delegado territorial da Xunta sinalou que ‘O Teu Xacobeo’ permite a realización de actividades en todo o territorio da provincia

22/01/21 | 17:50 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia a través do programa ‘O teu Xacobeo’ o proxecto ‘Un camiño imaxinado’ en O Pereiro de Aguiar

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, visitou hoxe, xunto ao delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, o encoro de Cachamuiña onde se levará a cabo a iniciativa

20/01/21 | 13:55 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta e Concello de A Coruña analizarán a estrutura do edificio da Comandancia de Obras para a súa conversión en albergue

O xerente da Axencia de Turismo de Galicia, Emilio de la Iglesia e o concelleiro de Turismo, Juan Ignacio Borrego, visitaron esta mañá as naves, agora municipais, da antiga sede oficial da Comandancia de Obras na avenida Metrosideiro

19/01/21 | 19:55 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

Feijóo refírese á serie '3 Caminos', a primeira serie internacional sobre o Camiño de Santiago e a gran produción audiovisual do Xacobeo 2021-2022, como "a mellor carta de presentación de Galicia"

Estrearase en Amazon Prime Video o vindeiro 22 de xaneiro, o que permitirá que se poida ver en 240 territorios, cunha audiencia potencial de 200 millóns de persoas

18/01/21 | 14:44 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta apoia 8 proxectos de concellos e particulares na comarca da Coruña para a posta en valor do Camiño de Santiago cun investimento de máis de 74.000€

O delegado da Xunta visitou a zona na que se levaron a cabo as melloras nos puntos de acceso e humanización do pavimento do trazado do Camiño

12/01/21 | 20:50 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
12/01/21 | 17:33 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

Feijóo enxalza a mostra 'Afonso X e Galicia', a primeira deste Ano Santo e que celebra a importancia histórica da nosa terra como referente cultural ao longo do tempo

Salienta que no inicio do ano Xacobeo, esta exposición, que conmemora o 800 aniversario do nacemento de Alfonso X O Sabio, propón unha peregrinaxe no tempo, a través das múltiples facetas deste rei e a súa conexión con Galicia

12/01/21 | 11:50 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina preto de 1 M€ a 87 proxectos de mellora e embelecemento da contorna do Camiño de Santiago

Esta liña de actuacións permite subvencionar actuacións propostas por entidades locais ou particulares en liña co obxectivo de mellorar a contorna e recuperar a paisaxe do Camiño de Santiago