Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Galicia recoñece o esforzo dos grupos de acción local do sector pesqueiro no impulso da economía e a protección do patrimonio das zonas costeiras
Os III Premios Economía Azul destacan o acondicionamento da lonxa de Portonovo para a mellora do uso turístico, a produción de algas por parte da empresa H. Q. Seaweed, a aula do Mar creada pola Asociación de Saúde Mental da Mariña e o centro de transformación do lixo mariño creado ao abeiro do GALP Costa Sostible
A Xunta avoga por un enfoque integral da planificación urbanística para acadar territorios máis sostibles e igualitarios
Encarnación Rivas incide en que un urbanismo de calidade será aquel que, desde o comezo, organice as dimensións espazo temporais de maneira que as persoas poidan conciliar a súa vida familia e laboral con menos esforzo, présas e dificultade
Galicia é a comunidade española que máis candidaturas presenta para o seu recoñecemento co distintivo de sendeiros azuis
Belén do Campo incide en que o obxectivo é revalidar o resultado obtido na pasada edición destes galardóns, cando se converteu na autonomía co maior número de distintivos deste tipo con 29 itinerarios recoñecidos pertencentes a 19 municipios
A Xunta apoia con 44.000 euros a posta en servizo dun punto limpo móbil na Pontenova
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que o Goberno galego tamén concedeu este ano 25.400 euros para mellorar o punto limpo fixo compartido con outros cinco concellos
A Xunta presenta ao Concello de Viveiro e á Deputación de Lugo o proxecto das actuacións destinadas a reducir os riscos das enchentes en Xunqueira
Os técnicos de Augas de Galicia informaron de que o proxecto está xa redactado e o obxectivo é aprobalo no primeiro trimestre de 2023, tras rematar a supervisión
A Xunta valora o compromiso dos distribuidores de electrodomésticos co tratamento eficiente dos residuos de aparellos eléctricos e electrónicos
Sagrario Pérez salienta a súa relevancia á hora de incentivar a reciclaxe, non só no que atinxe á recollida de residuos, senón tamén na tarefa de sensibilizar á poboación na necesidade de avanzar cara a unha economía circular
A Xunta amplía o punto limpo do parque empresarial da facha para dar servizo ás empresas de Campo Lameiro
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, e o alcalde de Campo Lameiro, Carlos Costa, supervisaron esta mañá a actuación medioambiental, que supuxo un investimento de 33.000€ da Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación
A Xunta somete a información pública o Plan reitor das Fragas do Eume, que inclúe máis do 40% da superficie do parque na zona de máxima protección
As persoas e entidades interesadas teñen ata o vindeiro día 29 de decembro para presentar as súas achegas, suxestións e comentarios ao contido do documento
A Xunta retoma a execución das obras de mellora do saneamento de Pontedeume, ás que se destina un investimento total de máis de 4,2 M€
Reactívase a actuación de mellora do sistema de tratamento de augas residuais, que inclúe a construción dun novo colector, tanque de retención e un bombeo
As dificultades internas da empresa adxudicataria motivaron unha paralización dos traballos que agora se retoman coa limpeza e montaxe de equipos na zona das obras, paso previo á execución dos muros interiores
A Xunta insta ao Goberno central a acatar o criterio da Unión Europea e adaptar o nivel de protección do lobo á súa realidade actual
As catro comunidades lobeiras que concentran o 95% dos exemplares do país celebran o recente acordo da Eurocámara e salientan que lles dá a razón no seu rexeitamento ás últimas decisións do Goberno central con relación a esta especie