Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1270 novas da área temática Educación:

28/11/22 | 12:45 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta licita por 471.000 euros obras de mellora do pavillón polideportivo do IES Universidade Laboral de Ourense

O delegado territorial anunciou a licitación das obras de substitución de carpinterías, reforma e substitución de cubertas de vestiarios e substitución do grupo térmico no pavillón polideportivo
 

28/11/22 | 12:44 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta licita por 400.000€ as melloras das instalacións do colexio Ramón Valenzuela de Silleda

Román Rodríguez explica que as obras abranguen a reforma de aseos e a substitución de cubertas, entre outras actuacións

28/11/22 | 11:38 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta destina máis de 877.000 euros á renovación integral do salón de actos do CIFP Imaxe e Son da Coruña

Trenor visitou o centro para anunciar a licitación desta actuación moi necesaria para poder optimizar o uso docente que se fai deste espazo

27/11/22 | 14:34 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Fernández-Tapias entrega o premio a Iván Fernández, da Uvigo, como mellor orador do I Torneo Nacional de Debate

A delegada da Xunta en Vigo felicitou a todos os participantes polo éxito do evento e tamén á Universidade de Santiago tras proclamarse gañadora do torneo e clasificar para a Liga de España de Debate

25/11/22 | 12:59 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Gabriel Alén subliña que poñer fin á violencia contra as mulleres é un obxectivo irrenunciable e prioritario

O delegado territorial destacou que a Xunta de Galicia, por medio do Observatorio Galego da Violencia de Xénero, “segue na acción de loita contra este problema e quere animar a todas as galegas e galegos a tomar conciencia pública co único obxectivo de acadar unha sociedade libre de violencia”

24/11/22 | 14:46 | Axencia de Turismo de Galicia; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Luis López destaca o potencial turístico e educativo da nova Ecogranxa de Riomouro, no concello de Poio

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra asistíu este mediodía ao acto de inauguración destas instalacións, impulsadas pola familia Esperón Tajes na parroquia de San Xoán, e trasladoulles os parabéns “pola valentía do investimento e a orixinalidade da proposta”
 

24/11/22 | 14:13 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta mellorou a eficiencia enerxética da Escola de Educación Infantil San Roque, en Viveiro, tras investir 302.000 euros

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que o proxecto incluíu a renovación das carpinterías exteriores, a substitución dunha parte da cuberta e a instalación de luminarias LED de baixo consumo

23/11/22 | 13:52 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Fernández-Tapias felicita á Asociación Retórica Uvigo pola organización do I Torneo Nacional de Debate

A delegada da Xunta en Vigo presentou este mércores o campionato que acollerá a Universidade de Vigo esta fin de semana

23/11/22 | 13:41 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta dálle un novo impulso ao Campus de Ferrol cunha inxección de 1 M€ para o futuro Centro de Investigación en Industria Intelixente

Román Rodríguez subliña que esta infraestrutura vai ser un “polo de innovación ao servizo de proxectos estratéxicos de enxeñaría, innovación e deseño”