Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 873 novas da área temática Pesca:

16/02/21 | 12:28

Galicia pon á disposición do marisqueo máis de 2 millóns de euros para proxectos de mellora das zonas de produción e para a protección dos ecosistemas

O Diario Oficial de Galicia vén de publicar as ordes de axudas para iniciativas que contribúan a mellorar a produción dos bancos marisqueiros mediante accións como sementeiras e que poden empregarse para paliar os efectos de episodios como os derivados dos últimos temporais

15/02/21 | 13:28

Galicia defende o incremento das posibilidades de pesca nas augas compartidas co Reino Unido

Ve esencial a posta en valor de argumentos socioeconómicos e a unidade de acción entre as comunidades autónomas e o Goberno central para maximizar as cotas definitivas de 2021 nesas augas e compensar outras caídas

14/02/21 | 12:14

Mañá comeza o prazo de matrícula para os exames de carácter libre das titulacións de mariñeiro pescador, patrón local de pesca e patrón costeiro polivalente

As probas realizaranse en abril e maio no Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo, na Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol e na Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira

11/02/21 | 12:20

A Xunta convoca catro novos permisos de explotación na modalidade de percebe a pé na confraría de Malpica

O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles tras a publicación desta convocatoria no taboleiro de anuncios da Xefatura Territorial e na páxina web da Consellería

10/02/21 | 14:04

A Xunta achegou máis de medio millón de euros a 18 proxectos promovidos polo sector pesqueiro da Mariña nos últimos meses

O delegado territorial, Javier Arias, e a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, mantiveron unha xuntanza con representantes do GALP A Mariña-Ortegal, que xestiona estas axudas da Consellería do Mar

08/02/21 | 14:42

A Xunta apoia ao sector marisqueiro na recuperación das súas zonas de produción ante os efectos causados polos últimos temporais

Os técnicos da Consellería do Mar traballan no seguimento das zonas nas que se rexistrou baixa salinidade das augas e desprazamento de marisco cara ás praias como consecuencia do mal tempo

06/02/21 | 11:34

Galicia demanda ao Goberno central unha solución urxente ao bloqueo actual á comercialización das capturas de marraxo

A Xunta e o sector coinciden na necesidade de poñer fin á paralización das capturas como consecuencia da autoimposición por parte do Executivo estatal dunha cota de comercialización desta especie inferior ás posibilidades de pesca fixadas pola organización responsable da xestión da pesqueira

05/02/21 | 14:50

A Xunta traslada ao sector o seu apoio na demanda dun plan social ante a dragaxe da ría do Burgo e insta a actuar ao resto de administración implicadas

O Executivo galego lembra que presentou unha proposta en xaneiro de 2019 sobre a que aínda non obtivo resposta e pese a que é o promotor da obra -neste caso o Goberno central- quen debe asumir as indemnizacións aos afectados

04/02/21 | 12:05

Galicia lamenta a falla de sensibilidade de Bruxelas na fixación das cotas de pesca para 2021 en plena pandemia pola covid-19

O Executivo galego cualifica de sumamente decepcionante o resultado obtido no Consello de Ministros de Pesca da UE de decembro pois só se mellorou un 0,75% a proposta inicial da Comisión Europea tras moitas horas de negociación