Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 834 novas da área temática Igualdade:

02/03/21 | 13:12 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta abre ao público en Santiago a exposición homenaxe á ilustradora Lolita Díaz Baliño con pezas orixinais da autora

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e a secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, visitaron a mostra enmarcada nos actos do Día da Ilustración que tiveron que aprazarse pola situación sanitaria e que se poderá ver ata maio

02/03/21 | 11:41 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Gaiás analiza no marco do 8M os desafíos do liderado feminino con profesionais da arte, da tecnoloxía e da espiritualidade

A vicedecana do Colexio de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia e primeira muller en dirixir unha Escola de Enxeñería en Galicia, Edita de Lorenzo, e a propietaria da galería Trinta, Asunta Rodríguez, son dúas das convidadas

28/02/21 | 09:56

A Xunta convocará o programa 'Responsabilízate' que incluirá nesta edición asesoramento ás pemes para a implantación de medidas de igualdade

A iniciativa, que xa ofrecía mentorización ás pequenas e medianas empresas sobre Responsabilidade Social Empresarial (RSE), favorecerá a aplicación de medidas que promovan a igualdade e impulsen o talento feminino

26/02/21 | 13:12

A Xunta apoia ao Concello de Ferrol con 217.000 € no mantemento da casa de acollida e na contratación de mulleres vítimas da violencia de xénero

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, asinou hoxe co alcalde, Ángel Mato, o acordo de colaboración que permite seguir proporcionando aloxamento, manutención e atención integral ás mulleres vítimas de violencia machista e aos seus fillos e fillas, no que a Xunta inviste 50.000 euros

26/02/21 | 11:49

Escolares de Catoira, Vigo e O Porriño resultan gañadores do concurso do cartel da campaña da Xunta do 8 de Marzo

No certame participou alumnado de Infantil, Educación Primaria, ESO, Bacharelato e Formación Profesional, que presentaron un total de 123 traballos

26/02/21 | 11:22 | C. de Economía e Industria

Conde anima ás mulleres da industria forestal a ser as protagonistas dos novos empregos e modelos de negocio que se abren no sector coa transición ecolóxica

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, mantivo hoxe un encontro con 18 profesionais desta industria para escoitar a súa experiencia neste eido e visibilizar a presenza da muller

25/02/21 | 12:55

A Xunta enxalza o labor fundamental da Rede Veciñal contra os Malos Tratos de Vigo coas vítimas da violencia de xénero

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias visitaron hoxe as dependencias da entidade

24/02/21 | 18:29

A Xunta reforza con 21 M€ o apoio á muller fronte aos efectos da covid-19 con medidas para impulsar a conciliación, o emprego, a formación e a atención ás vítimas da violencia de xénero

O conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, interveu hoxe no Parlamento de Galicia para informar sobre as actuacións que desenvolve o Goberno galego para intensificar as políticas de igualdade fronte aos efectos da pandemia

22/02/21 | 12:30

A Xunta inicia o deseño do I Plan estratéxico de Galicia para combater a vulneración dos dereitos das mulleres vítimas de trata

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, presidiu hoxe a xuntanza do Observatorio Galego da Violencia de Xénero na que destacou que Galicia é pioneira na loita contra esta lacra