Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1231 novas da área temática Facenda:

06/09/21 | 15:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca o éxito de audiencia do paso e remate de La Vuelta en Galicia e o seu retorno económico

As etapas galegas foron seguidas por preto de 4M de espectadores de RTVE

06/09/21 | 12:24 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia un ano máis a Bienal Internacional de Cartelismo Terras Gauda-Concurso Francisco Mantecón

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, e o presidente do Grupo Terras Gauda, José Mª Fonseca Moretón, ratificaron hoxe o acordo para a creación dun concurso con Turismo de Galicia ao que acceden os finalistas e premiados da Bienal, entre os que se escollerá a imaxe que promocionará as dúas próximas edicións das Xornadas de Portas Abertas das Rutas do Viño

05/09/21 | 16:45 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Alfonso Rueda destaca o escaparate que constituíu La Vuelta para o turismo galego

O vicepresidente primeiro da Xunta asistiu hoxe en Padrón á corta da cinta da última etapa coa contrarreloxo que tamén pasa por Rois e Ames ata chegar a Santiago, onde se coñecerá o gañador desta edición

05/09/21 | 12:08 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia a arte urbana para o desenvolvemento de produtos turísticos locais

A directora de Turismo de Galicia participou hoxe en Ferrol no acto de homenaxe á menina Agustina Sarmiento dentro do proxecto “Meninas de Canido”

04/09/21 | 13:16 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Román Rodríguez, José González e Nava Castro asisten á etapa 20 de La Vuelta 21 que atravesa ás Rías Baixas

Os delegados territoriais da Xunta en Pontevedra e Vigo, Luis López e Marta Fernández-Tapias, tamén asistiron a saída desde Sanxenxo e estarán esta tarde na chegada á meta en Mos, na penúltima etapa antes de que mañá a competición remate na praza do Obradoiro

04/09/21 | 12:12 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Secretaría Xeral de Emigración
03/09/21 | 15:03 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca o potencial de Galicia como destino de benestar e saúde e a capacidade do termalismo para desestacionalizar a oferta turística

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe no curso “Termalismo, saúde e benestar” organizado pola Universidade de Vigo

03/09/21 | 14:16 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. do Medio Rural

A Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia reactiva a actividade no recinto feiral de Silleda trala covid-19

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro do Medio Rural, José González, participaron hoxe na inauguración da feira, que acolle a súa 43ª edición tras adiarse o ano pasado debido ás restricións sanitarias pola covid-19

03/09/21 | 12:22 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta licita as obras para construír un novo albergue de peregrinos en Piñor

A actuación supón un investimento de máis de 1,1M€ e contará como novidade cun espazo para a recepción de peregrinos a cabalo