Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1597 novas da área temática Benestar:

09/02/22 | 13:33 | C. de Política Social e Igualdade

Galicia chegará ao medio cento de unidades de atención temperá ao longo deste ano 2022

O DOG publica hoxe a nova convocatoria de axudas para que Concellos ou agrupacións de Concellos poñan en marcha este servizo, que busca detectar e previr o risco de trastornos en nenos de entre 0 e 6 anos

09/02/22 | 11:31 | C. de Política Social e Igualdade

O DOG publica o Plan de inspección dos servizos sociais para 2022, que prevé chegar ás 1574, un 10% máis ca o ano anterior

A Xunta prevé realizar 540 supervisións en materia de familia e menores; 611 na de maiores e dependencia; e 423 na de inclusión

08/02/22 | 18:55 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García expresa a súa confianza en que Ourense 'non deixará escapar a oportunidade' de ter unha nova residencia pública de maiores

Este centro permitirá a creación de 120 novas prazas públicas, 110 postos de traballo e aproveitar unha parcela como a da antiga estación de autobuses do Pino

08/02/22 | 14:27 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta impulsa o novo local de axuda no fogar de Mondariz e o ecoparque do Rosal coas axudas para infraestruturas de uso público

O delegado territorial, Luis López, acompañado do alcalde Xosé Emilio Barros, supervisa a reforma do soto do consistorio de Mondariz para a súa conversión na instalación e vestiario do persoal do SAF, na que o Goberno galego investiu case 34.000 €

08/02/22 | 14:16 | C. de Política Social e Igualdade

Política Social reúnese co Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia para avanzar na reforma da Lei de inclusión social

No encontro tamén se abordaron outros temas de interese como a implantación da nova reforma da Lei de discapacidade

07/02/22 | 14:21 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta abre o prazo para solicitar axudas de ata 1500 euros para estancias en residencias e de 1000 para o pago dun coidador no fogar dentro da orde de respiro familiar

O Goberno galego inviste 600.000 euros para facilitar o descanso dos coidadores habituais de persoas dependentes ou con discapacidade

06/02/22 | 12:02 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta estuda a viabilidade de crear unha nova unidade de atención temperá na comarca do Salnés

A bisbarra conta actualmente cun centro que presta servizo a 150 nenos de entre 0 e 6 anos para detectar posibles trastornos