Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 773 novas da área temática Xacobeo:

26/02/21 | 13:14 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; A Presidencia da Xunta

Feijóo salienta que as obras de mellora nas fachadas dos colexios de Fonseca e San Xerome completarán a renovación do Obradoiro, "un dos puntos de encontro máis importantes de Europa occidental"

Precisa que esta actuación, que conta cun prazo previsto de execución de tres meses, incluirá traballos tanto nas cubertas como nos paramentos verticais e na carpintería exterior, co obxectivo de mellorar a súa integridade

24/02/21 | 17:29 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta avanza que as obras de integración paisaxística do Camiño Francés entre O Tangueiro e San Lázaro estarán rematadas en abril, logo dun investimento autonómico de 1 M€

O Goberno galego leva tempo traballando arreo para aproveitar ao máximo esta oportunidade histórica de ter un Xacobeo que se estende ata 2022

22/02/21 | 14:05 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa 3,6 M€ para que as axencias de viaxes promocionen Galicia e o Xacobeo como destino seguro

A primeira das axudas, que xa foi publicada no DOG, destina 2,4 M€ á dixitalización das empresas e a comercialización de novos paquetes turísticos

21/02/21 | 12:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Monte do Gozo contará cun punto Citypaq para facilitar o envío e recepción de paquetes para os peregrinos

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, mantivo un encontro con “El Camino con Correos” para avanzar nesta e noutras vías de colaboración conxunta

16/02/21 | 12:18 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina 400.000 euros a 41 proxectos de embelecemento da contorna das rutas xacobeas na provincia de Lugo

Esta liña de axudas permite subvencionar actuacións propostas por entidades locais ou particulares para mellorar a imaxe e a paisaxe do Camiño de Santiago

13/02/21 | 14:00 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta investirá 900.000€ na igrexa de Santa María de Oia para rehabilitar un dos maiores bens do Camiño Portugués da Costa

A intervención na igrexa, que se licitará nas próximas semanas, mellorará as condicións de humidade e resolverá os problemas da falla de mantemento

12/02/21 | 14:02 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destinará aos guías de turismo 170.000 euros para a creación de novos produtos nos Camiños de Santiago

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, reuniuse esta mañá con representantes da Asociación Profesional de Guías de Turismo de Galicia, e destacou o papel do colectivo para presentar a comunidade como un destino seguro neste Ano Santo

12/02/21 | 12:21 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A VIII Mostra do Entroido pon en valor as Xeneralas da Ulla para celebrar o carnaval no ensino

Os equipos de dinamización da lingua galega dos centros participantes difunden o proxecto audiovisual feito por Títeres Cachirulo para o Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 da Xunta de Galicia

11/02/21 | 15:51 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aborda con Andalucía, Estremadura e Castela e León proxectos conxuntos para o impulso da Vía da Prata

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, abordou con representantes turísticos destas comunidades propostas para fomentar este itinerario de cara a celebración deste Xacobeo