Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 873 novas da área temática Pesca:

01/03/21 | 12:34

A Xunta enxalza o labor do Porto de Vigo no impulso do sector marítimo-pesqueiro galego coa súa estratexia de crecemento azul

A Autoridade Portuaria de Vigo promove preto dunha vintena de iniciativas vencelladas con este eido, cun orzamento de case 30 millóns de euros, dentro dun plan que suma 48 proxectos e case 300 millóns de investimento

27/02/21 | 10:08

Galicia promove a posta en valor do oficio das redeiras a través da colaboración coa súa federación

A Federación O Peirao beneficiarase este ano de 13.000 euros a través de dous convenios para facer fronte a gastos derivados da súa actividade e para investimentos que contribúan a dar visibilidade a este colectivo

25/02/21 | 17:44

Galicia repoboou os seus bancos marisqueiros con máis de 191 millóns de unidades de semente de ameixa desde 2010

Trátase do resultado de sementeiras realizadas polo sector marisqueiro ao abeiro das axudas para mellorar a produción das súas zonas de traballo e para protexer os ecosistemas coas que tamén se subvencionan outras actuacións como a achega de áridos para promover a reprodución de organismos mariños

25/02/21 | 15:04

Medio Ambiente e entidades de pesca fluvial de Lugo abordan a tempada 2021 e a convocatoria en marzo das axudas ao sector

A conselleira Ángeles Vázquez mantivo unha videoconferencia con membros das sociedades de pescadores da provincia lucense, cos que pechou a rolda de contactos iniciada en xaneiro para recadar achegas e opinións entre o sector

22/02/21 | 15:30

A Xunta distribúe 612.000 euros en axudas directas a 25 barcos de palangre de superficie da Mariña para paliar as perdas causadas pola pandemia

O delegado territorial, Javier Arias, sinala que o peche de fronteiras dificultou en gran maneira a comercialización dos produtos pesqueiros desta frota

22/02/21 | 13:13

Galicia defende a estabilidade ou incremento das cotas de pesca tanto das especies principais como accesorias nas augas compartidas co Reino Unido

A comunidade considera claves esas melloras para facilitar o labor da frota e permitir os intercambios de cotas con outros países, que se ven limitados pola cesión de posibilidades de captura por parte da Unión Europea ao Reino Unido no marco do acordo sobre o brexit

20/02/21 | 14:42

A Xunta presenta ao sector pesqueiro os dous informes sobre os efectos do acordo do brexit que guiarán a estratexia de defensa de Galicia

Un deles é sobre as implicacións xurídicas, foi elaborado polo Instituto de Estudos Europeos Salvador de Madariaga e considera que o acordo comercial pode ser obxecto de control xudicial polo Tribunal de Xustiza da Unión Europea

18/02/21 | 12:44

Galicia busca sacar o máximo rendemento dos fondos europeos Next Generation para impulsar a cadea mar-industria

A Xunta traballa conxuntamente co tecido produtivo, os interlocutores sociais e expertos económicos co obxectivo de consolidar a resistencia dos sectores produtivos como o marítimo-pesqueiro no contexto da crise da covid-19