Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1142 novas da área temática Medio ambiente:

04/08/21 | 11:41

As baixas temperaturas rexistradas o mes pasado convertérono no xullo máis frío desde 2012

Ángeles Vázquez engade que as precipitacións estiveron un 51% por baixo do normal e salienta “a radiación solar estivo moi por baixo da rexistrada o ano pasado, cando se superou por moito a media, o que “aumentou a sensación de mal tempo”

04/08/21 | 11:34

O Mirador do Castro de Parada de Sil convértese en escenario de danza co programa ‘Propulsa’ da Xunta

Representaranse os espectáculos Amparo, de Entremáns e Conxurando o invisible, de Aïda Colmenero Dïaz

03/08/21 | 13:20

A Xunta agradece ao sector pesqueiro e marisqueiro o seu labor como aliado na loita contra o lixo mariño

O Executivo galego aprobou este ano oito proxectos por importe de 345.000 euros que inclúen accións neste eido coa participación na recollida activa de refugallos de preto de 40 profesionais do marisqueo a pé e cinco embarcacións

03/08/21 | 13:01

A Deputación de Huelva visita Sogama para coñecer a xestión dos residuos na comunidade galega

Domínguez Lino explicou á presidenta, María Eugenia Limón, as distintas facetas de actividade da empresa, tendo en conta que “van máis alá da área industrial, levando a cabo un importante labor no ámbito educativo e sociolaboral”

02/08/21 | 13:19

A Xunta invita á sociedade a gozar dunha cultura que sexa sostible co medio ambiente

Ángeles Vázquez lembra que a súa Consellería, a través de FEST Galicia, fai unha serie de recomendacións sobre o respecto da contorna, o uso da auga e a enerxía, a alimentación ou a mobilidade

31/07/21 | 11:30

Medio Ambiente destina case 140.000 € ás tarefas de seguimento das poboacións piscícolas nos ríos

A Dirección Xeral de Patrimonio Natural acaba de asinar os contratos de adxudicación para a realización de mostraxes en tramos fluviais seleccionados das catro provincias

30/07/21 | 17:33

A Xunta leva ás praias a iniciativa ‘Bye, bye plástico’ para concienciar á cidadanía na loita contra o lixo mariño

A Administración galega renovou esta iniciativa para seguir inculcando na sociedade, principalmente nos máis novos, a importancia de reducir, reutilizar e reciclar os plásticos e de evitar que acaben en lugares coma o mar

30/07/21 | 13:51

Sogama adquire catro parcelas no polígono industrial de Arbo para instalar unha das novas plantas de transferencia

Adquiriu a Xestur un total de 4.420 m2 de superficie, polos que aboará preto de 190.000 euros tras aplicárselle unha bonificación sobre o prezo de venda do 50%

30/07/21 | 13:06

A Xunta concede axudas a 70 concellos por 337.000 € para redactar plans de acción local cos que sumarse á loita contra o cambio climático

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda publica hoxe a resolución pola que se informa das subvencións concedidas na segunda convocatoria