Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 834 novas da área temática Igualdade:

08/03/21 | 12:26 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Delegación da Xunta en Pontevedra reafirma o seu compromiso para a consecución da igualdade das mulleres nos actos do 8 de marzo

O delegado territorial, Luis López, a secretaria territorial, Marta Iglesias, e a xefa territorial de Sanidade, Natalia Botana, dan lectura á declaración institucional polo Día Internacional da Muller na explanada do edificio administrativo

08/03/21 | 10:26 | C. de Sanidade

O Sergas lanza unha enquisa para participar no I Plan de igualdade

A Administración sanitaria quere coñecer as opinións e percepcións do persoal en materia de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes na organización, mediante unha enquisa consensuada con sindicatos

06/03/21 | 13:39

Rosa Quintana apela á unidade para reivindicar e visibilizar o papel feminino no mundo do mar

Sinalou que o Premio Muller Salgada é para todas as mulleres que deron un paso adiante por Galicia e que contribuíron a mellorar as condicións profesionais e socioeconómicas de todo o colectivo

06/03/21 | 12:30

A Xunta e ‘Mulleres en Igualdade’ de Viveiro promoven unha ruta virtual pola vila en clave feminina

A asociación celebra o 8 de Marzo con actividades divulgativas para resaltar o papel tan relevante que tiveron as mulleres na historia da localidade, con nomes sobresaíntes nas letras, as artes, as ciencias e a educación

06/03/21 | 11:58

A Xunta reivindica o papel das mulleres na economía social a través dunha campaña en liña coa que se conmemora o 8-M

A terceira edición desta iniciativa, que se suma ao resto de actuacións impulsadas polo Goberno galego con motivo do Día Internacional da Muller, pode seguirse a través do hashtag #MulleresNaEconomíaSocial

06/03/21 | 11:53

A exposición ‘As primeiras xornalistas, elas escribiron a historia’ que homenaxea a mulleres precursoras que loitaron pola igualdade pode visitarse na Coruña ata o 5 de abril

A Biblioteca Miguel González Garcés da Coruña acolle a exposición organizada pola Xunta de Galicia para render tributo a mulleres pioneiras do xornalismo

05/03/21 | 12:04

Os carteis gañadores do concurso escolar do 8-M protagonizan a campaña da Xunta que leva por lema ‘Abraza a igualdade’

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, entregou hoxe na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela os galardóns aos centros escolares premiados no concurso de carteis para o Día Internacional da Muller

04/03/21 | 14:51

Fernández-Tapias destaca a creatividade, enxeño e talento do alumnado do IES Carlos Casares de Vigo, gañador do cartel do 8-M

A delegada territorial visitou hoxe aos escolares de 1º e 2º de ESO deste centro vigués aos que puido felicitar polo seu traballo “Séculos de loita para unha sociedade xusta, democrática e igualitaria” e coñecer outros dos seus proxectos

04/03/21 | 12:21

A Xunta anima a sumar esforzos para potenciar o empoderamento das mulleres con discapacidade

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou hoxe nunha webinar de Cermi Galicia sobre muller e discapacidade