Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1597 novas da área temática Benestar:

18/02/22 | 13:30 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García sinala que Galicia segue ‘facendo espazo’ para que as persoas con Asperger poidan demostrar o seu potencial

A Xunta destinará neste ano 1,6 millóns de euros a esta entidade para a formación e a busca de autonomía das persoas con esta síndrome

17/02/22 | 15:27 | C. de Política Social e Igualdade

Política Social sinala que os traballos da nova residencia de Lugo avanzan a bo ritmo co obxectivo de que estean listos no 2023

A Fundación Amancio Ortega é a que financia, constrúe e equipa o novo centro, que contará con 120 prazas de atención a persoas maiores e xerará 115 postos de traballo

16/02/22 | 12:14 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta sinala que conta con protocolos e programas para a concienciación, o tratamento e o apoio en casos de abusos sexuais a menores

Aseverou que todos os casos de abusos sexuais teñen que ser denunciados e teñen que saír a luz e lembrou que todos os recursos do Goberno galego van estar sempre a disposición de todas as vítimas

15/02/22 | 14:25 | C. de Política Social e Igualdade

O Observatorio Galego da Familia e infancia creará un grupo de traballo para avanzar na implantación da Lei de protección integral aos menores

Este órgano colexiado é o encargado de asesorar, apoiar, analizar, estudar e propoñer actuacións nesta materia

15/02/22 | 12:29 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García felicita a Pepa Lockhart e Lucía Serén por participar en ‘Valentina’, gañadora do premio Goya á mellor película de animación

Destacou que esta peza audiovisual é unha oda á plena inclusión, que ten como piar fundamental a sensibilización e a concienciación das nenas e nenos

11/02/22 | 14:16 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta comproba o bo ritmo das obras do novo centro de día de Marín, que financia con 200.000 €

Este recurso para persoas maiores emprazarase no primeiro andar da Casa do Mar

11/02/22 | 12:54 | C. de Política Social e Igualdade

Galicia superará as 110 casas do maior antes de que remate o ano

O DOG publica hoxe a nova convocatoria de axudas para a apertura de 30 novos centros que se sumarán aos 83 xa en funcionamento

10/02/22 | 15:58 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta de Galicia presenta as bases do novo modelo en residencias no centro San Rafael de Mondoñedo

A humanización do trato e a formación continua; as melloras na coordinación entre a sanidade e os servizos sociais; e as reformas estruturais son os piares desta pioneira estratexia

10/02/22 | 15:34 | C. de Política Social e Igualdade; A Presidencia da Xunta

A Xunta aproba unha nova convocatoria de casas niño para superar os 100 centros repartidos polos concellos rurais de Galicia

Feijóo salienta o investimento de 1 M€ na creación de 60 novas prazas que dan lugar a 12 novas casas niño