Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1388 novas da área temática Agricultura e gandería:

23/11/21 | 11:52 | C. do Medio Rural

A Xunta impulsa a Estratexia da carne para fomentar este sector clave dentro do agro galego e para poñer en valor as súas producións

José González explicou que esta planificación persegue crear riqueza e oportunidades nos espazos rurais, xerar valor engadido na cadea de valor, incentivar o consumo de carne, impulsar a remuda xeracional nas explotacións e promocionar a carne galega

22/11/21 | 18:18 | C. do Medio Rural

A Xunta e o Concello de Ribadavia avalían a posibilidade de implantar un polígono agroforestal

Na reunión, tratáronse as vantaxes de impulsar unha ampla superficie de terreo destinada a viñedo, co fin de ampliar a produción da Denominación de Orixe Ribeiro

22/11/21 | 12:33 | C. do Medio Rural

A Xunta difunde Conta Láctea como unha ferramenta útil para mellorar a posición negociadora dos gandeiros sobre os prezos do leite

Conta Láctea, creada pola Administración galega xunto coa Fundación Juana de Vega ao abeiro da Estratexia de dinamización do sector lácteo, está concibida para facilitar a xestión empresarial das explotacións leiteiras

20/11/21 | 14:32 | C. do Medio Rural

Galicia e Castela e León censuran a falla de compromiso do Goberno central co sector primario á hora de frear a venda a perdas

Ambas comunidades afearon o voto en contra no Senado á emenda presentada para incorporar na lei da cadea alimentaria a aplicación Conta Láctea como forma de acreditación do custo efectivo de produción de agricultores e gandeiros

19/11/21 | 12:22 | C. do Medio Rural

A Xunta constata os avances rexistrados na ordenación e na certificación dos montes galegos

José Luis Chan salientou que Galicia lidera o incremento en superficie total certificada FSC a nivel nacional e que o terreo ordenado supera hoxe as 300.000 hectáreas, un 42% máis ca no ano anterior

19/11/21 | 12:21 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Trenor supervisou as obras de mellora que se están executando na Oficina Agraria Comarcal de Cambre cun investimento de case 50.000€

O delegado da Xunta recalcou que as referidas actuacións enmárcanse no Plan integral de reestruturación e optimización das oficinas agrarias comarcais

18/11/21 | 10:43 | C. do Medio Rural

A Xunta apoia e impulsa a innovación produtiva do sector agrario cunha clara vocación de transferencia

Este evento serve para presentar os resultados de diferentes iniciativas apoiadas con fondos Feader e da Consellería do Medio Rural co fin de impulsar a innovación no sector produtivo primario da nosa comunidade

17/11/21 | 13:46 | C. do Medio Rural

A Xunta e o concello de Lalín estudan propoñer o lugar de Bustelos, na parroquia de Vilatuxe, como aldea modelo

O conselleiro do Medio Rural mantivo unha xuntanza de traballo co alcalde para coñecer de primeira man as necesidades e demandas dos veciños en relación ao agro

17/11/21 | 13:28 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Trenor supervisou as obras de mellora que se están executando na Oficina Agraria Comarcal de Padrón cun investimento de case 50.000€

O delegado da Xunta recalcou que as referidas actuacións enmárcanse no Plan integral de reestruturación e optimización das oficinas agrarias comarcais

17/11/21 | 12:33 | C. do Medio Rural

A Xunta úrxelle ao Goberno central a actuar para que os gandeiros vexan cubertos os custos de produción e teñan unha marxe de beneficio

José González aproveitou esta charla sobre a ferramenta Conta Láctea para tratar con esta asociación a situación actual do sector lácteo