Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
O Camiño de Santiago como eixe impulsor da recuperación emocional e económica centrou a primeira sesión do ciclo Xacobeo Peregrinas
A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participaron no primeiro encontro da iniciativa, que forma parte da programación do Xacobeo
A Xunta esixe do Goberno central un documento clarificador das axudas estatais comprometidas para o Xacobeo
O vicepresidente primeiro subliñou no Parlamento de Galicia que, de non se ter ampliado o Ano Santo, chegaría tarde a participación do Estado nun dos eventos máis internacionais dos que se celebran en España
O Fondo de Proxectos Culturais do Xacobeo 2021 convida a percorrer o Camiño Primitivo desde o audiovisual
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e a comisaria do Xacobeo, Cecilia Pereira, presentaron a nova serie en sete capítulos que pode seguirse desde hoxe con novas entregas cada luns no Portal da Lingua Galega
A Xunta impulsa un ciclo de encontros multidisciplinares que afondarán no Camiño de Santiago cunha perspectiva de xénero
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e a secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, presentaron esta mañá a iniciativa, que forma parte da programación do Xacobeo
A Xunta apoia a través do programa ‘O teu Xacobeo’ a iniciativa ‘O camiño que nos une’ da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago da provincia de Lugo
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro; a secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella e o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, asistiron hoxe á presentación desta iniciativa na que participan oito deportistas luguesas para promover os valores da igualdade e o Xacobeo
A Xunta consegue o compromiso do Goberno central de que haberá un Plan turístico nacional do Xacobeo aprobado antes do verán
Nese documento deberán concretarse os prazos e os orzamentos cos que o Estado contribuirá para a organización do Xacobeo, tanto neste ano como no 2022
A Xunta apoia o Camiño de Inverno e inviste un millón de euros na rehabilitación do Pazo de Diomondi como albergue de peregrinos
O vicepresidente primeiro da Xunta visitou hoxe as obras de construción do primeiro albergue público do Camiño de Inverno, que contará con 34 prazas
A Xunta valora a formación en liña da Cátedra do Camiño e das Peregrinacións para transmitir o carácter universal do Xacobeo
O vicepresidente primeiro da Xunta participou hoxe na presentación dos cursos na modalidade MOOC da Cátedra do Camiño de Santiago e as Peregrinacións, froito da colaboración entre a USC e Turismo de Galicia
A Xunta demanda ao Goberno central un compromiso real con partidas concretas para apoiar a organización do Xacobeo
O Goberno galego destaca a necesidade de coñecer o orzamento concreto para organizar coa antelación suficiente as accións de promoción e programación neste ano e no 2022
O novo proxecto ‘Xacobeo Miudiño’ impulsa o Camiño de Santiago con audiovisuais interactivos para a cativada co apoio da Xunta
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e a responsable de Seispés Producións, Xiana Lastra, presentan esta iniciativa do Fondo Xacobeo 2021