Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1231 novas da área temática Turismo:

20/09/21 | 13:37 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aposta pola dinamización turística da provincia de Ourense a través do turismo deportivo

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou esta mañá na presentación do Trail do Xurés, que se disputará en Muiños este sábado

20/09/21 | 13:15 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Arias destaca no Valadouro as axudas da Xunta á hostalería, coa convocatoria de catro novas liñas este mes

O delegado territorial da Xunta en Lugo lembra que se distribuíron 53.600 euros en 22 axudas neste municipio ao abeiro dos Plans de rescate e o programa para a reforma de terrazas

20/09/21 | 12:58 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta potencia o turismo de congresos co apoio a un fam trip de Galicia MICE

Dez empresas especializadas neste segmento turístico visitan ata o mércores Galicia para coñecer as instalacións, servizos e recursos cos que conta a comunidade para acoller incentivos

18/09/21 | 21:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca a internacionalización do destino Galicia con probas como o Xacobeo 6mR Europeans 2021

A directora de Turismo de Galicia e o director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, participaron na entrega dos premios dunha competición que combina turismo, deporte e gastronomía

18/09/21 | 14:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Proxecto 'Solpor 4.0' de 'O Teu Xacobeo' permitirá sumar un novo punto de astroturismo en Santiago

O albergue do Seminario Menor en Santiago de Compostela contará cun punto de observación do sol que se suma ao que xa se instalou en Fisterra o ano pasado

17/09/21 | 19:37 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta enxalza o liderado de Galicia no turismo de saúde e a Termatalia como o seu punto de encontro

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, pechou unha edición especial desta feira internacional especializada que reuniu en Ourense a expertos dunha ducia de países

17/09/21 | 16:18

A Xunta presenta no Southampton Boat Show de Reino Unido a súa proposta ‘Galicia Destino Náutico: O Camiño por Mar’

A presidenta de Portos de Galicia encabeza a participación galega no salón internacional para promocionar a peregrinación en barco neste Xacobeo 21-22

17/09/21 | 14:35 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta informa aos entes territoriais sobre os plans de sustentabilidade turística cos que Galicia optará aos fondos europeos extraordinarios

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, mantivo hoxe unha reunión informativa cos representantes de distintas asociacións e organizacións locais e supramunicipais

17/09/21 | 11:58 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta sinaliza as Rutas do Viño de Valdeorras, Monterrei e da Ribeira Sacra

O delegado territorial explicou que o Goberno galego inviste 322.000 euros nesta actuación para actualizar os indicadores nos establecementos e concellos que atravesan estas rutas coa unificación e sinalización dos paneis, ademais de reforzar as indicacións nos lugares emblemáticos ou nos que inducen a erro

16/09/21 | 17:45 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Nava Castro destaca o éxito e o alto nivel de execución do programa 'O Teu Xacobeo'

A iniciativa, que remata a finais deste mes, permitiu dinamizar, descentralizar e adaptar a programación do Xacobeo 21-22 ás condicións derivadas da pandemia a través de centos de actividades espalladas por toda a xeografía galega