Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 834 novas da área temática Medio ambiente:

09/03/21 | 13:05

A Xunta pon á disposición do tecido empresarial unha ferramenta innovadora de autodiagnose, unha web e unha guía que suporán un salto cualitativo na abordaxe da igualdade laboral

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, presentou hoxe en Santiago de Compostela a nova web de igualdade laboral (aigualdadelaboral.gal)

09/03/21 | 10:21

A Xunta convoca axudas de 1,4 M€ para apoiar programas de iniciativa social para mulleres especialmente vulnerables

A Administración autonómica financiará proxectos de atención especializada para mulleres vítimas de violencia de xénero, de explotación sexual-laboral, inmigrantes, emigrantes retornadas ou refuxiadas e ex-reclusas, entre outros

08/03/21 | 20:25 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca en Lalín o papel da muller galega e a súa capacidade para innovar e acadar unha sociedade máis equitativa

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou hoxe na entrega dos galardóns do XV Premio ás Mulleres Dona Maruja Gutiérrez 2021 organizados polo Concello lalinense para visibilizar e distinguir a profesionalidade e a capacidade de iniciativa empresarial das mulleres

08/03/21 | 20:00 | A Presidencia da Xunta

Feijóo enxalza a traxectoria das galardoadas coas medallas Pardo Bazán que representan o destino propio de moitas mulleres libres, iguais e fraternas

Se ben aínda queda moito por andar, subliña que o afianzamento do autogoberno galego avanza en paralelo co empoderamento da muller galega

08/03/21 | 14:52

Trenor visita a exposición 'Elas escribiron a historia. As primeiras xornalistas' na Biblioteca González Garcés

Na mostra, que permanecerá aberta ata o próximo 5 de abril, móstranse, de maneira visual e didáctica, diversos aspectos da traxectoria destas escritoras comprometidas coa modernización política, social e cultural de Galicia

08/03/21 | 14:25 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Luis López destaca a “máxima implicación na educación en igualdade” do ensino público galego na súa visita ao CPI O Progreso de Catoira

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra louva o traballo do centro, acompañado do alcalde, Alberto García, despois de que os seus alumnos de 1º de Primaria gañasen o concurso rexional de carteis para a campaña do 8 de marzo

08/03/21 | 13:19 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Gabriel Alén louva a figura de Emilia Pardo Bazán como exemplo de feminismo conciliador dentro dos actos do Día Internacional da Muller

O delegado territorial referiuse a Pardo Bazán “como unha muller brillante, preparada e pioneira no seu tempo que representa unha das primeiras voces de igualdade no noso país”

08/03/21 | 13:11 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Arquivo de Galicia celebra o Día da Muller cunha mostra homenaxe a Luz Pozo Garza con pezas da súa colección persoal

Os secretarios xerais de Cultura e da Igualdade, Anxo M. Lorenzo, e Susana López Abella, xunto ao presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes e familiares da autora inauguraron a exposición que estará aberta ata xuño