Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2869 novas da área temática Infraestruturas:

23/06/22 | 16:10 | C. de Economía e Industria

A Xunta investirá máis de 153.000 euros na mellora de tres parques empresariais na Coruña

O delegado da Xunta visitou o polígono industrial Pedrapartida no que a Xunta aportará 106.000 euros para levar a cabo a pavimentación dos aparcamentos e viarios internos do parque

23/06/22 | 12:22 | A Presidencia da Xunta

A Xunta inviste preto de 48.000 € na reparación da drenaxe transversal da estrada OU-540 no concello de Lobios

O delegado territorial explicou que se trata da reparación da drenaxe transversal no punto quilométrico 68+950, onde a tubaxe está deteriorada por problemas de filtración de auga

23/06/22 | 11:59 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras dunha senda peonil na estrada autonómica PO-252, en Pazos de Borbén

A actuación supón un investimento autonómico próximo aos 45.000 euros

22/06/22 | 16:01 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez garántelle á Cámara de Comercio da Coruña que a Xunta defenderá os intereses do empresariado galego afectado polo corte da A-6

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade traslada a máxima implicación do Goberno galego na procura de alternativas que palíen o enorme impacto do peche deste acceso principal a Galicia para moitas industrias

22/06/22 | 14:00 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O Goberno galego reforzará a xunta arbitral de transportes en resposta ás demandas do sector, co que comparte a reclamación ao Goberno de medidas eficaces fronte ao prezo dos carburantes

A Xunta e os axentes da cadea loxística plasman nun documento de consenso as medidas estruturais necesarias para facilitar o labor do transporte de mercadorías en Galicia, logo de identificar as principais necesidades nas mesas sectoriais celebradas

22/06/22 | 13:21 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta mobilizou nos últimos 4 anos un investimento de 4,7 M€ para humanizar e impulsar sendas seguras, sostibles e saudables en máis 6 quilómetros da estrada OU-536

Francisco Menéndez concreta que a Xunta executará sendas nesa vía autonómica nas Vendas e en Santa Baia, nos concellos de Esgos e do Pereiro de Aguiar, cun investimento de 1,1 M€
 

22/06/22 | 12:28 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica no DOG o cambio de titularidade a prol do concello de Sanxenxo de dous treitos das estradas PO-308 e PO-364 ao seu paso por Portonovo

Materialízase a transferencia destes treitos, seguindo o previsto no acordo da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade co Concello para humanizar a PO-308 en Portonovo mediante un investimento de 2,3 M€

21/06/22 | 16:01 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta e o Grupo Pérez Torres coinciden na necesidade de habilitar solucións alternativas a curto prazo para os transportes especiais afectados polo corte da A-6

Os empresarios advirten de que a entrada en Galicia a través da A-52 triplica o custo e multiplica o tempo de viaxe, polo que non se pode considerar unha alternativa viable

21/06/22 | 13:17 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por preto de 445.000 euros as obras da senda que unirá A Casilla, O Araño e Burés, no concello de Rianxo

Habilitarase un itinerario pola marxe dereita da AC-305 co obxectivo de fomentar a mobilidade alternativa e acadar unha diminución do tráfico rodado motorizado diario que actualmente existe entre os núcleos de Burés e A Casilla

21/06/22 | 12:34 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez anuncia a licitación das obras da nova senda entre Proame e O Cancelo, un investimento de case 1,5 M€ que completará un itinerario peonil de máis de 7 quilómetros na AC-552 na Laracha

Habilitarase unha senda de uso mixto para peóns e ciclistas na marxe esquerda da vía, con 2,2 km de lonxitude e un ancho medio de 2,5 metros