Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2383 novas da área temática Cultura:

14/06/22 | 10:46 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta celebrará na Cidade da Cultura o Día da Música coa verbena urbana do compostelán Ortiga

Presentará en concerto o seu segundo disco, no que combina ritmos latinos e música urbana, acompañado no escenario por varios dos seus colaboradores habituais

11/06/22 | 17:40 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Illa de San Simón acolle en xullo a undécima edición do curso de verán xuvenil de intercambio de músicas tradicionais que este ano se centra no Brasil

Celebrarase do 4 ao 10 de xullo e os cativos aprenderán tanto melodías galegas como brasileiras da man de mestres convidados e diferentes músicos

Previamente, a fin de semana anterior, terá lugar o festival de música de corda Encordass Fiddle Fest dirixido a público xeral para o que está aberta a inscrición
10/06/22 | 18:27 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta reivindica a figura das pandeireteiras cunha edición do serán que trae ao Gaiás a 1.000 intérpretes para celebrar o bo momento da música da música tradicional

Este Encontro Galego de Cultura Popular, que se inicia hoxe e se prolonga ata o domingo, preséntase como un dos maiores eventos en Galicia ao redor da pandeireta

10/06/22 | 15:32 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta presenta ‘Xacobeas en concerto’ que contará coa presenza de artistas femininas o vindeiro 15 de xullo en Marín

A directora de Turismo, Nava Castro, participou hoxe xunto á alcaldesa de Marín, María Ramallo e a artista Carolina Rubirosa, na presentación do cartel de concerto

10/06/22 | 13:39 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O CGAC acolle unha mostra adicada ás artes vivas, á performace e a fenómenos escénicos

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, presenta a exposición ‘O museo como escenario’, que poderá verse ata o día 2 de outubro

10/06/22 | 13:08 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta pon en marcha unha nova liña de subvencións dotada con 850.000 euros para as salas de cine galegas

Apoiaranse proxectos de innovación, funcionamento dixitalizado e sustentable, creación e fidelización de públicos, e adaptación aos novos hábitos de consumo audiovisual para espazos de exhibición comercial

10/06/22 | 12:26 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A delegación da Xunta prolonga unha semana as visitas guiadas á exposición Miradas do imperio co seu autor, Alfredo Eiras

Hoxe desfrutaron da mostra os alumnos e alumnas de quinto e sexto de Primaria do colexio Divina Pastora así como usuarios de Aspnais

09/06/22 | 20:07 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta celebra o centenario da primeira poeta galega proposta para un Premio Nobel exhibindo os seus fondos persoais doados ao Arquivo de Galicia

A mostra ‘Constelación Luz. Luz Pozo Garza (1922-2022), poesía, arte e vida’, que pode visitarse ata outubro no Gaiás, é unha das actividades principais programadas polo Goberno galego polo centenario do nacemento da autora

09/06/22 | 15:24 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra acolle unha mostra que repasa o papel das mulleres na historia

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, inaugura a mostra, onde loa a contribución dos arquivos para manter viva a memoria de Galicia