Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1597 novas da área temática Benestar:

23/02/22 | 16:17 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta outorga 593.000€ a Amencer-Aspace este ano para financiar 39 prazas de atención a nenos con parálise cerebral en Pontevedra e Vilagarcía

O delegado territorial, Luis López, e o director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, visitaron esta mañá o seu centro de atención integral, que atende a 17 usuarios, na parroquia de Lourizán

23/02/22 | 12:33 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta sinala que Radio Ecca consegue a inclusión sociolaboral de centos de persoas na cidade de Vigo

O Goberno galego destina 270.000 euros a esta asociación a través da orde de axuda a entidades e da orde con cargo ao 0,7% do IRPF

22/02/22 | 14:44 | C. de Política Social e Igualdade
22/02/22 | 14:27 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta activa a casa do maior das Goletas, en Caldas de Reis, para atender os maiores da zona cun investimento de 55.000€ en tres anos

O delegado territorial, Luis López, acompañado polo alcalde de Caldas, Juan Manuel Rey, visita esta nova instalación, emprazada en Saiar e rexentada por Ana María Cancelo, para desenvolver programas de autonomía e lecer para maiores de 60 anos de luns a venres de 9.00 a 17.00 horas

21/02/22 | 14:00 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García sinala que o traballo das entidades sociais de Ourense fala dunha cidade solidaria e comprometida

As organizacións que visitou traballan no eido das persoas con alzhéimer, como Afaor; o dano cerebral, como Renacer; a protección á infancia, como é o caso de BaoQuivi; as mulleres en situación de vulnerabilidade, como a Asociación de Viudas María Andrea; e a discapacidade, como Aixiña

20/02/22 | 12:32 | C. de Política Social e Igualdade

Política Social pon en valor a solidariedade das familias galegas que ofrecen un fogar a nenos con necesidades especiais

No 2021 seis pequenos con algún tipo de necesidade foron adoptados por unha familia, os mesmos que no 2020

20/02/22 | 11:48 | C. de Política Social e Igualdade

Política Social analiza con Cruz Vermella novas liñas de colaboración centradas na formación dos profesionais sociosanitarios

Salientou o traballo que está a realizar a institución benéfica no ámbito da atención aos maiores a través de programas como a Teleasistencia

19/02/22 | 12:38 | C. de Política Social e Igualdade

Política Social e FAXPG fan balance do servizo de logopedia posto en marcha para nenas e nenos con discapacidade auditiva

A través deste servizo atendéronse 17 pequenos, cos que se traballou para impulsar habilidades e capacidades que faciliten a súa integración real

18/02/22 | 18:03 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta anima as entidades sen ánimo de lucro coruñesas a solicitar as axudas para a realización de programas de carácter sociosanitario

A Xunta incrementou incrementou este ano un 40% o orzamento destes apoios con respecto á convocatoria anterior, chegando a un crédito inicial de 250.000 euros.