Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 773 novas da área temática Xacobeo:

08/04/21 | 19:07 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A mostra "Arquitectura da auga" destaca o peso do Camiño como eixe vertebrador do territorio na contorna de Santiago

A exposición recolle o resultado das investigacións e o traballo de campo realizado en cinco localidades de cinco camiños de peregrinación a Compostela

05/04/21 | 10:44 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora co Concello de Arzúa na mellora do núcleo de Ribadiso polo que discorre o Camiño Francés

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, asinou hoxe co alcalde de Arzúa o convenio que inclúe traballos de pavimentación, a dotación de servizos e a instalación de mobiliario urbano

31/03/21 | 12:33 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias e Urbanlab presentan Follow 21, o proxecto que firman creativos locais no marco de 'O Teu Xacobeo'

A iniciativa conta cunha achega de 20.000 euros de “O Teu Xacobeo”, que está a mobilizar preto de 8M€ en 400 proxectos nas súas dúas edicións

30/03/21 | 16:11 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta invita á ministra de Turismo, Reyes Maroto, a visitar Galicia para presentar o Plan Nacional do Xacobeo anunciado polo Goberno

O documento concretará os prazos e os orzamentos estatais para o Ano Santo 2021 e a súa ampliación ao 2022

30/03/21 | 11:16 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O novo Plan Catedrais da Xunta blindará a conservación e rehabilitación das cinco galegas no horizonte do Xacobeo 2027

Porase en marcha esta primavera co fin de reforzar a planificación e dar continuidade ao esforzo inversor levado a cabo nestes bens nos últimos anos

27/03/21 | 14:41 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia a investigación etnográfica arredor do Camiño de Santiago a través do programa “O teu Xacobeo”

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, visitou hoxe en Vigo o obradoiro “Os pans do Camiño”, no que un grupo de mozos está a formarse na elaboración de repostería e panadería ecolóxica

26/03/21 | 13:21 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Luis López apela aos valores do Camiño de Santiago “para facer que Galicia sexa cada día máis grande” na inauguración do monumento da Vieira de Tui

O delegado territorial da Xunta asiste ao descubrimento desta escultura no punto de partida do Camiño Portugués e agradece á asociación de comerciantes e ao pobo de Tui a súa contribución á ruta de peregrinaxe

25/03/21 | 20:05 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta inaugura no Museo das Peregrinacións a segunda das mostras previstas para este ano arredor do Camiño de Santiago

A mostra fai unha recreación de elementos escultóricos dos edificios históricos máis destacados da Ruta Xacobea

23/03/21 | 20:13 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Jesús Curros recibe o I Premio de Ensaio da Academia Xacobea pola obra ‘Escenas, imaxes e sons do Camiño’

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto de entrega celebrado no Pazo de San Roque

17/03/21 | 15:08 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia a marca Mar de Santiago na súa aposta por un turismo sostible e de calidade vencellado ao Xacobeo

O obxectivo é crear un selo de calidade turística que promova os atractivos da ría de Arousa e do río Ulla cunha oferta diferenciada e segura