Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 873 novas da área temática Pesca:

21/03/21 | 12:41

A tempada de pesca comeza nos ríos galegos con novidades como a exención das taxas por licenza para uns 11.000 afeccionados

A conselleira de Medio Ambiente subliña que todos os menores de idade e os maiores de 65 anos se beneficiarán desta medida, recollida na Lei de pesca continental que entrou en vigor o pasado 4 de febreiro

18/03/21 | 16:24

Galicia avanza na investigación de melloras na produción en criadeiro de recursos mariños e na loita contra patoloxías que afectan ao marisqueo

O Centro de Investigacións Mariñas da Consellería do Mar desenvolveu durante 2020 preto dunha vintena de accións de investigación sobre a explotación dos recursos mariños e acuícolas en Galicia co obxectivo de mellorar a súa xestión e impulsar a súa produción na Comunidade

17/03/21 | 13:25

Rosa Quintana destaca a aposta de Vitalmar polo aproveitamento e valorización da cuncha de mexillón

O cocedoiro do Grupo Proinsa participa no proxecto ‘Mexigal’ que busca elaborar con cuncha de mexillón fertilizantes para a agricultura ecolóxica e é unha das iniciativas da cadea mar-industria que aspiran a captar fondos europeos ‘Next Generation’

16/03/21 | 19:52

Galicia defende a estabilidade ou incremento das cotas de pesca das principais especies nas augas compartidas co Reino Unido

A comunidade avoga na fixación de cotas para 2021 pola mellora das propostas do Consello Internacional para a Exploración do Mar en recursos obxectivo da frota como a pescada do norte, o rapante ou o peixe sapo

16/03/21 | 15:19 | A Presidencia da Xunta

Feijóo destaca o labor do grupo de traballo posbrexit para elaborar unha postura galega coordinada co sector, sustentada en informes e con aliados dentro das rexións europeas afectadas

“Seguiremos traballando para concretar as prioridades do sector, posicionar Galicia e, posteriormente, exportar as nosas propostas ás rexións europeas afectadas, co fin de expandilas á Comisión Europea”, garantiu

14/03/21 | 10:05

Galicia desenvolve solucións para o uso de algas como abono orgánico que contribúa á rexeneración ambiental

O proxecto Gestalgar aportou diferentes coñecementos que poden ser aproveitados polos axentes interesados no avance do tratamento das algas de arribazón para a compostaxe

10/03/21 | 18:40

Galicia puxo a disposición do sector máis de dous millóns de euros para actuacións nos bancos marisqueiros e estuda medidas adicionais ante os últimos temporais

A Xunta subliña que é preciso ter unha avaliación completa do estado das distintas zonas marisqueiras e contar co informe detallado da situación que acheguen as confrarías para poder adoptar accións extraordinarias

10/03/21 | 12:40 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta convoca un curso de marisqueo en Celeiro e probas libres de mariñeiro, patrón de pesca e de embarcacións de lecer

O delegado territorial, Javier Arias, sinalou que o obxectivo é contar con persoal cualificado e lembrou que “existe demanda de traballadores no sector”

09/03/21 | 13:27

Galicia deseña unha folla de ruta a longo prazo para defender os intereses marítimo-pesqueiros ante o impacto do acordo do Brexit

Este labor realízase no marco do grupo de traballo creado no Consello Galego de Pesca co obxectivo de mellorar a situación da pesca galega no contexto europeo, tanto en posibilidades de captura coma de mercado