Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1142 novas da área temática Medio ambiente:

21/08/21 | 12:51

Unha ducia de voluntarios pasarán esta fin de semana en Cíes para realizar labores de rexeneración ambiental

Trátase dunha das 20 accións previstas en espazos naturais galegos no marco dun programa conxunto das consellerías de Medio Ambiente e de Política Social

21/08/21 | 12:10

O período hábil para a caza do xabaril e do corzo durante a tempada 2021-2022 comeza hoxe en Galicia

Segundo o réxime especial aprobado para esta tempada no caso dos xabarís, o seu aproveitamento cinexético estenderase ata o 27 de febreiro do ano que vén

20/08/21 | 14:34 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Delegado territorial da Xunta en Ourense pon en valor o labor do Centro de Recuperación de Fauna do Rodicio

Gabriel Alén, sinalou que en 2020 case que 300 animais pasaron por estas instalacións do Rodicio

20/08/21 | 13:47

Cada veciño da Ribeira Sacra reciclou unha media de 18 quilos de envases lixeiros, papel e cartón

Ao longo de 2020 recolleuse algo máis dun millón de quilos de residuos domésticos nos 20 concellos da comarca, que incorporaron 50 contedores á súa rede de reciclaxe

19/08/21 | 13:24

A Xunta avanza na ordenación do novo parque empresarial de Paderne de Allariz, co remate da tramitación ambiental

Acaba de emitir o informe do Plan de interese autonómico, no que indica que non é necesario sometelo a avaliación ambiental estratéxica

19/08/21 | 11:01 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta licita en 260.400 euros as obras de eficiencia enerxética no colexio Virxe do Carme de Sober

O proxecto contempla o cambio de carpinterías, luminarias e radiadores, e tamén a construción dunha rampla para mellorar a accesibilidade

18/08/21 | 12:55

Axentes ambientais localizan a un furtivo pescando troitas no río Tambre en época de veda e cunha arte ilegal

O pescador, veciño de Agolada, foi interceptado con 65 exemplares por debaixo da talla mínima permitida grazas a un operativo de seguimento e vixilancia no que colaborou persoal de Medio Ambiente de Pontevedra e A Coruña e a Garda Civil

17/08/21 | 13:39

A Xunta axudará a 16 concellos pontevedreses con case 100.000 euros para redactar os seus plans de acción fronte ao cambio climático

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda atendeu o 100% das solicitudes que se presentaron á convocatoria deste ano, de xeito que case 250 concellos galegos teñen ou están a traballar nesta ferramenta de carácter técnico

16/08/21 | 11:07

A Xunta dá luz verde á modificación puntual do PXOM da Coruña para incorporar novos elementos patrimoniais ao catálogo de protección

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda acaba de emitir un informe urbanístico favorable aos cambios propostos polo Goberno local coruñés, aprobados en pleno de forma provisional a finais do ano pasado

15/08/21 | 11:34

Máis do 95% dos concellos galegos coñecen o contido e alcance das Directrices da Paisaxe

Ao longo dos últimos meses o director do Instituto de Estudos do Territorio celebrou 26 encontros informativos para atender as dúbidas das administracións locais respecto desta ferramenta de protección da paisaxe galega