Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1388 novas da área temática Agricultura e gandería:

08/12/21 | 12:45 | C. do Medio Rural

A Xunta celebrará a vindeira semana a I Mostra de Calidade Alimentaria no Pazo de Quián

Haberá diferentes presentacións, como a da nova campaña institucional do Goberno galego para promocionar os produtos alimentarios de calidade, así como foros sobre gastronomía e turismo, a filosofía “slowfood” e a Dieta Atlántica, entre outros

07/12/21 | 11:24 | C. do Medio Rural

A Xunta pagará a partir deste venres 127 M€ máis correspondentes ás axudas da PAC 2021-2022

Tras os anticipos aboados en outubro, os ingresos por parte do Fondo Galego de Garantía Agraria -dependente da Consellería do Medio Rural- elévanse xa aos 164 millóns de euros para un total de máis de 25.000 agricultores e gandeiros da nosa comunidade

05/12/21 | 13:05 | C. do Medio Rural

A Xunta constata o reforzo da colaboración transfronteiriza con Portugal en materia de sanidade animal e vexetal

No ámbito animal incidiuse, entre outras cuestións, na necesidade de continuar traballando na redución do consumo de antibióticos nas diferentes especies gandeiras

04/12/21 | 13:05 | C. do Medio Rural

A Xunta e o Concello de Lobios proxectan a implantación das aldeas modelo de Puxedo e Requeixo no marco da Lei de recuperación da terra agraria

Segundo as solicitudes do consistorio, estas iniciativas permitirían dinamizar os núcleos de poboación de San Paio e Grou respectivamente, xerando actividade económica que serviría de devasa natural fronte aos lumes forestais

03/12/21 | 16:11 | C. do Medio Rural

A estratexia da Xunta para o viño márcase como obxectivo incrementar en dez puntos as vendas no mercado internacional

José Luis Cabarcos sinalou que un dos eixos desta estratexia pasa por lograr un equilibrio da presenza dos viños galegos nas distintas canles de comercialización, apostando pola internacionalización, pero sen esquecer o mercado nacional

03/12/21 | 13:19 | C. do Medio Rural

A Xunta celebrará a I Mostra de Calidade Alimentaria do 15 ao 17 de decembro no Pazo de Quián de Boqueixón

José González avanzou que o evento acollerá a entrega dos premios Exceleite e os das Catas de Queixos e Meles de Galicia 2021

02/12/21 | 17:42 | C. do Medio Rural

A Xunta salienta que as catas dos queixos e dos meles poñen en valor a excelencia destas producións en particular e das do agro galego en xeral

José González salientou a profesionalidade do panel de cata deste concurso, formado por un total de 14 expertos, que elixirán totalmente a cegas aos mellores queixos e meles de Galicia nesta edición

01/12/21 | 13:18 | C. do Medio Rural
01/12/21 | 11:22 | C. do Medio Rural

A Xunta explica ás entidades de aconsellamento as posibilidades de Conta Láctea para mellorar a posición negociadora dos gandeiros sobre os prezos do leite

Esta aplicación informática, creada polo Goberno galego xunto coa Fundación Juana de Vega ao abeiro da Estratexia de dinamización do sector lácteo, está concibida tamén para facilitar a xestión empresarial das explotacións leiteiras

01/12/21 | 11:09 | C. do Medio Rural

Comezan as catas dos meles e dos queixos de Galicia que organiza a Xunta cos consellos reguladores

No concurso dos queixos participarán un total de 30 queixerías pertencentes ás catro denominacións de orixe protexida con 51 mostras