Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 773 novas da área temática Xacobeo:

25/04/21 | 10:45 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Cidade da Cultura celebra unha xincana familiar para dar a coñecer a Vía da Prata, que discorre paralela ao Monte Gaiás

Un total de 16 familias inscribíronse para descubrir esta fin de semana as etapas desta Ruta Xacobea, a través de xogos tradicionais e populares

21/04/21 | 20:33 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta resalta a oportunidade que ofrece “La Vuelta 21” para promocionar o turismo galego e o Camiño de Santiago no exterior

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, participou na presentación da etapa con percorrido e meta no concello de Mos, unha das tres que pasarán por Galicia antes de rematar neste Xacobeo na praza do Obradoiro

21/04/21 | 17:27 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Camiño Primitivo protagoniza a segunda Semana Escolar dos Camiños de Santiago que celebrarán 281 escolas públicas de Galicia

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou na presentación desta actividade que conta cunha axuda ao abeiro do programa “O Teu Xacobeo” de 25.000 euros

20/04/21 | 14:18 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Mondoñedo acollerá a segunda sesión do ciclo de encontros multidisciplinares ‘Xacobeo Peregrinas’

O programa de encontros estase a desenvolver con carácter mensual en diferentes lugares simbólicos dos Camiños de Santiago

17/04/21 | 14:41 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

"O teu Xacobeo" fai inventario das casas reitorais nas parroquias galegas do Camiño portugués e do Camiño Portugués pola costa

A delegada territorial presentou hoxe iniciativa, que conta cunha achega de 25.000 euros no marco deste programa que está a mobilizar preto de 8 millóns de euros

17/04/21 | 12:45 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Luis López destaca en Silleda a aposta global da Xunta pola mellora, a promoción, a dinamización e o embelecemento da Vía da Prata e do Camiño de Inverno no marco do dobre Ano Santo

O delegado territorial asiste á inauguración da mostra de pintura coa que remata a actividade sociocultural ‘Trasdeza Pinta o Camiño’, financiada pola Vicepresidencia primeira ao abeiro do programa ‘O Teu Xacobeo’

16/04/21 | 12:28 | A Presidencia da Xunta

Feijóo recoñece o compromiso das preto de 30 empresas que, ata o momento, patrocinan o Xacobeo 21-22 e insta ao Goberno a ampliar os incentivos fiscais do mecenado ata 2023

Agradece a implicación de todas as empresas de diferente tipo, tamaño e condición que xa forman parte dos patrocinadores deste “proxecto colectivo”, a través dunha inxección de máis de 20 millóns de euros

15/04/21 | 12:52 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Consellería do Medio Rural destina 129.000 euros a acondicionar 3,4 quilómetros de camiños en Portomarín

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, visitou as obras executadas nas pistas a Pardellas e O Vilar, e anunciou o arranxo da que conecta Cabanas e San Xulián

14/04/21 | 13:05 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora coa Catedral na reapertura das visitas desde hoxe ao Pórtico da Gloria

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez participaron hoxe na presentación do programa de visitas gratuítas, que se retoman con aforo limitado e reserva previa despois da cancelación pola covid-19

13/04/21 | 15:24 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Anxo M. Lorenzo participa na presentación de ‘Camiño creativo’ que impulsará unha vintena de proxectos culturais

O secretario xeral de Cultura salienta a importancia de fomentar o emprendemento cultural e o apoio aos novos talentos