Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 539 novas da área temática Xacobeo:

16/01/20 | 13:01 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca en Vilalba a especialización e o talento dos mozos galegos como chaves para impulsar a Industria 4.0

O director do Igape, Juan Cividanes, visita as instalacións de Pelé Design and Retail, unhas das 85 empresas que contratarán persoas novas a través do programa Profesionais 4.0

14/01/20 | 13:19 | C. de Economía e Industria

Galicia e País Vasco avanzan en liñas de colaboración para impulsar a innovación e a formación na industria da automoción

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou xunto co viceconselleiro de Industria do Goberno vasco, Javier Zarraonandia, a teniente deputado xeral de Álava e deputada foral de desenvolvemento económico e equilibrio territorial, Mª Pilar García de Salazar e representantes de Ceaga nunha reunión de traballo sobre o vehículo autónomo, conectado e eléctrico

14/01/20 | 10:59 | C. de Economía e Industria

A Xunta promociona a artesanía de Galicia na feira de referencia do deseño escandinavo que se celebra en Estocolmo ata o venres

A Fundación Artesanía de Galicia regresa ao encontro de decoración Formex cunha colección de pezas de artesanía tradicional e contemporánea na que participan 51 profesionais do sector, dos cales 18 son novidades no evento

13/01/20 | 11:27 | C. de Economía e Industria

Os emprendedores lucenses poden inscribirse ata o 31 de xaneiro nos coworkings da Mariña, a Ribeira Sacra e Palas de Rei

Durante as últimas catro convocatorias realizadas na provincia de Lugo destas iniciativas, nas que colaboran a Xunta e a Escola de Organización Industrial (EOI), foron apoiadas 85 novas empresas

12/01/20 | 12:05 | C. de Economía e Industria

A Xunta destina preto de 2 M€ en apoios para avanzar cara a unha minería máis sustentable e con menores emisións de po e ruído

O Diario Oficial de Galicia vén de publicar a resolución das convocatorias para o desenvolvemento de iniciativas sustentables dirixidas a entidades galegas sen ánimo de lucro e para o impulso de accións que melloren as condicións ambientais e laborais do sector destinadas ás empresas privadas

11/01/20 | 12:02 | C. do Medio Rural

Un total de 240 pequenas empresas rurais recibiron 8,8 M€ nos últimos catro anos en axudas da Xunta para actividades non agrícolas

Estas subvencións permitiron a creación de 200 postos de traballo e a consolidación de máis de 1.900 empregos, que as beneficiarias se comprometen a manter na súa totalidade durante un período mínimo de tres anos

09/01/20 | 15:26 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Feijóo avanza a posta en marcha de dez programas para, cun total de preto de 67 M€, impulsar a transformación dixital e o modelo da industria 4.0 no tecido empresarial galego

Entre os que se convocan por primeira vez, destaca o proxecto Maquinaria 4.0, os apoios para o desenvolvemento de centros de fabricación avanzada e o desenvolvemento de dous hubs de innovación dixital

09/01/20 | 15:20 | A Presidencia da Xunta

A Xunta habilitará novas axudas para impulsar a competitividade dos parques empresariais a través do reforzo e extensión das redes de distribución eléctrica

Feijóo destaca que a Xunta volverá a convocar as axudas destinadas á mellora das infraestruturas dos parques industriais e á construción, reforma e/ou equipamento interior de naves industriais co fin de crear viveiros empresariais

08/01/20 | 12:05 | C. de Economía e Industria

A Xunta abre o prazo de solicitudes do novo programa para a creación de centros de fabricación avanzada que mellorarán a competitividade das pemes

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria da nova liña, dotada con 16 millóns de euros, que facilitará ás empresas as infraestruturas necesarias para modernizar a industria galega