Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1326 novas da área temática Territorio:

15/12/21 | 13:43 | C. de Economía e Industria

Conde salienta que a cidade das TIC, co novo edificio do Citic, exemplifica a aposta de Galicia pola transferencia de coñecemento ao tecido produtivo

Subliña que a Cidade das TIC vai ser un polo tecnolóxico e de innovación de referencia a nivel nacional e internacional grazas á colaboración público-privada

15/12/21 | 10:53 | A Presidencia da Xunta

Feijóo reivindica a candidatura galega aos fondos de recuperación europeos e o avance da dixitalización como exemplo da política de "luces largas"

“Sería un erro maiúsculo traizoar a confianza que Europa depositou nunha recuperación xusta para España se xestionamos os fondos con arbitrariedade e ineficacia”, sinala, insistindo na necesidade de que o reparto sexa transparente

14/12/21 | 19:47 | A Presidencia da Xunta

Feijóo incide no compromiso da Xunta para seguir apoiando o emprendemento con rebaixas fiscais e sendo a segunda Comunidade con menor débeda pública por habitante

Lembra que o 92% das empresas galegas son familiares e recoñece a súa contribución a unha Galicia próspera, solvente e estable

14/12/21 | 15:41 | C. de Economía e Industria

A Xunta sinala que a solución definitiva en Alcoa debe pasar primeiro por fixar un prezo eléctrico competitivo

A Administración autonómica apoia a posta en marcha dun proceso de negociación, reiterando que é preciso un marco enerxético que viabilice a produción de aluminio primario

14/12/21 | 12:40 | C. de Economía e Industria

A Xunta tende a man ao Goberno para que acompañe a Galicia na tarefa de recuperar industrialmente a comarca de Ferrolterra

Conde avoga por unha transición enerxética xusta que pase por dar tempo á industria para levar a cabo este proceso

12/12/21 | 12:35 | C. de Economía e Industria

Galicia consulta ao tecido empresarial para coñecer as súas propostas antes de convocar as axudas para novos centros de fabricación avanzada

A invitación da Xunta está dirixida a empresas e operadores económicos que aspiren a activar fábricas compartidas, centros loxísticos e de fabricación avanzada ou espazos especializados para modernizar e desenvolver a base industrial da zona na que se sitúen, con especial énfase na sustentabilidade

11/12/21 | 12:35 | C. de Economía e Industria

A Xunta destina 2,5 millóns para fortalecer o papel dos clústeres como impulsores da competitividade do tecido empresarial galego

A Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, abre o prazo de solicitude desta nova convocatoria que facilitará o impulso tecnolóxico, a innovación e a captación de novas empresas mediante o fortalecemento das agrupacións sectoriais

10/12/21 | 14:24 | C. de Economía e Industria

A Xunta garante que o desenvolvemento do sector eólico en Galicia só será posible se é compatible co medio natural

Conde destaca o obxectivo de achegar seguridade xurídica a través dunha planificación ordenada

07/12/21 | 12:29 | C. de Economía e Industria

A provincia de Pontevedra alcanza os 23 concellos emprendedores tras a incorporación da Guarda

O municipio pontevedrés súmase ao obxectivo da Xunta de poñer facilidades ao investimento empresarial e impulsar a recuperación económica, ofrecendo máis axilidade na tramitación administrativa, no acceso ao solo industrial e maiores incentivos fiscais

07/12/21 | 12:15 | C. de Economía e Industria

A provincia da Coruña alcanza os 38 concellos emprendedores tras a incorporación de Negreira

O municipio coruñés súmase ao obxectivo da Xunta de poñer facilidades ao investimento empresarial e impulsar a recuperación económica, ofrecendo máis axilidade na tramitación administrativa, no acceso ao solo industrial e maiores incentivos fiscais