Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 873 novas da área temática Pesca:

15/04/21 | 16:39

Catro titulados en ciclo formativos de acuicultura poderán realizar prácticas a través de bolsas que convocará a Xunta

O Consello da Xunta autorizou esta mañá o compromiso de gasto destas bolsas para a realización de prácticas de xestión e produción de cría de bivalvos durante dous anos no Instituto Galego de Formación en Acuicultura

13/04/21 | 18:34

Trenor e a confraría de pescadores de Porto do Son avalían as necesidades do sector da súa zona

O delegado da Xunta comprobou a utilidade das distintas adquisicións que se realizaron grazas ás axudas de máis de 70.000 euros da Consellería do Mar

13/04/21 | 13:41

Galicia agradece o compromiso de Pierre Karleskind de seguir traballando para adaptar o regulamento de control da pesca á realidade da baixura e do marisqueo

A comunidade defende ante o presidente da Comisión de Pesca do Parlamento Europeo a actividade responsable que realizan a baixura e o marisqueo e lamenta que a proposta de nova normativa europea castiga o seu labor

10/04/21 | 11:31

A Consellería do Mar convoca dous cursos de recolector/a de recursos específicos con técnicas de mergullo para 24 alumnos

As persoas interesadas en matricularse poden facelo ata o vindeiro 23 de abril e as accións formativas impartiranse entre os meses de maio e xullo

09/04/21 | 13:01

Dous emigrantes galegos retornados de Suíza desenvolven un proxecto laboral no marisqueo da ría de Muros e Noia apoiados pola Xunta

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, acompañada do secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e da alcaldesa de Muros, visitaron esta mañá a embarcación destes emprendedores que recibiron o ano pasado 14.000 euros a través das axudas de emprendemento

07/04/21 | 13:02

Galicia busca implicar ao sector e aos investigadores na mellora da produción de semente de moluscos bivalvos

Rosa Quintana destacou a importancia de fomentar vías de colaboración entre os profesionais do mar e os científicos para aproveitar ao máximo a oportunidade que supoñen os fondos europeos Next Generation

07/04/21 | 10:48

Rosa Quintana enxalza a capacidade de adaptación dos grupos de acción local do sector pesqueiro á situación derivada da alerta sanitaria polo coronavirus

A titular de Mar salienta o gran labor divulgativo do campionato REMA 360º por difundir de xeito ameno o valor do patrimonio marítimo-pesqueiro e da cultura mariñeira de Galicia entre a xente nova

06/04/21 | 18:04

A Xunta lamenta a falta de diálogo do Goberno central co sector sobre a Lei de cambio climático e pide transparencia e rigor sobre o seu impacto

Rosa Quintana e Ángeles Vázquez analizaron cos representantes do complexo marítimo-pesqueiro galego os informes da Asesoría Xurídica da Xunta e do Consello Consultivo de Galicia que ven inconstitucional o artigo 18.4 do anteproxecto de Lei de cambio climático do Estado

03/04/21 | 12:45

A Xunta analiza con palangreiros de Ribeira e Marín a situación do acordo pesqueiro entre a Unión Europea e Mauritania

O Executivo galego defende que se impulsen as negociacións para a renovación deste protocolo co país africano tal e como trasladou en febreiro a conselleira do Mar nunha misiva ao ministro de Pesca co fin de que a frota galega poida desenvolver a súa actividade en boas e rendibles condicións

03/04/21 | 11:00

Medio Ambiente recorda que as entidades colaboradoras de pesca poden solicitar axudas para as tarefas de vixilancia nos ríos

Ángeles Vázquez lembra que o DOG publicou o 22 de marzo a nova orde, coa que tamén se subvencionan actividades de carácter divulgativo e formativo