Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Galicia rexistra un total de 16.581 casos activos por coronavirus
Un total de 568.301 pacientes xa están curados
O 061 de Galicia asistiu 49 persoas por 41 accidentes de circulación durante a fin de semana
Desde as 15,00 horas do venres, 29 de abril, ata as 23,59 horas do domingo, 1 de maio, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 49 chamadas por accidentes de tráfico
O dispositivo de atención sanitaria aos refuxiados desprazados de Ucraína posto en marcha pola Xunta na Cidade da Cultura leva atendidas a 380 persoas
O obxectivo xeral da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade é levar a cabo as actuacións necesarias para promover e mellorar a saúde das persoas desprazadas a Galicia dende Ucraína, así como previr e detectar enfermidades
O Sergas dispensa 66 tratamentos dos antivirais contra a covid-19 no seu primeiro mes de prescrición
Galicia rexistra un total de 17.987 casos activos por coronavirus
Un total de 564.858 pacientes xa están curados
A Xunta constitúe os grupos de traballo que elaborarán o Plan de trastornos adictivos de Galicia 2023-2026
Un dos grupos abordará a prevención, outro a asistencia e un terceiro, a incorporación social
A Xunta destina máis de 70.000 euros para actividades de información e apoio aos familiares e coidadores de enfermos de alzhéimer
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e a presidenta de Fagal, María Isabel Gey Pérez, asinaron un convenio que contempla actividades de información e apoio aos familiares e coidadores, así como formación continuada dos profesionais que traballan coas asociacións
Feijóo avanza un investimento de arredor de 120 M€ en proxectos clave para Santiago como as ampliacións do CHUS e de San Caetano ou a aposta por unha mobilidade sostible
Salienta que a ampliación do CHUS, que contará cun investimento de 70 M€, permitirá ampliar nun 30% a superficie actual do hospital
A Xunta realizou visitas técnicas para avaliar parcelas a todos os concellos incluídos no Plan de infraestruturas de Atención Primaria que o solicitaron
Xa se asinou en Boborás o primeiro convenio dos centros da fase 1, ao que seguirán proximamente os de Muiños e Noia
O Sergas publica as listas definitivas de selección temporal nas categorías de facultativo especialista de área, médico de admisión e documentación clínica e médico de hospitalización a domicilio
Neste procedemento xeráronse un total de 2.645 inscricións