Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 873 novas da área temática Pesca:

30/04/21 | 14:04

A Xunta e o Instituto Salvador de Madariaga renovan a súa colaboración no eido do dereito marítimo internacional e europeo

O Executivo galego e a Universidade da Coruña, da que depende o Instituto de Estudios Europeos Salvador de Madariaga, asinaron hoxe un novo protocolo para seguir desenvolvendo iniciativas conxuntas neste ámbito

29/04/21 | 11:16

Mañá comeza a veda do polbo en Galicia e rematará o 5 de xullo

Deste xeito queda expresamente prohibida a captura desta especie en augas nas que Galicia ten competencias e tamén para a pesca marítima de recreo

28/04/21 | 14:09

A Xunta salienta o compromiso con Galicia de empresas como Calvo e o seu labor responsable e respectuoso co medio ambiente

A titular de Mar subliña que as melloras na habitabilidade que implican as renovacións de frota son fundamentais para impulsar a remuda xeracional no sector e facer máis atractivo o traballo na pesca

27/04/21 | 18:45

Galicia avanza na súa aposta polas tecnoloxías para modernizar e impulsar a competitividade do sector marítimo-pesqueiro

A conselleira do Mar salienta que as actividades vencelladas co mar conservan a súa esencia tradicional pero sen perder de vista os cambios aparellados á transformación dixital co obxectivo de avanzar na súa modernización

23/04/21 | 13:19

Galicia ofrece ao Goberno central a cesión de doses ao Instituto Social da Mariña para que axilice a vacinación da frota galega

A conselleira do Mar lembrou que o Executivo estatal determinou que o proceso de inmunización das tripulacións será realizado polo ISM e pediu ao Ministerio de Sanidade que dea de xeito inmediato a orde para iniciar esa vacinación

22/04/21 | 16:29

Os proxectos dos grupos de acción local do sector pesqueiro xeraron 2.900 empregos no conxunto da economía galega desde 2016

Os oito grupos de dinamización socioeconómica do litoral de Galicia desenvolveron entre o 2016 e o 2020 preto de 500 proxectos que mobilizaron un investimento total de máis de 70 millóns de euros

20/04/21 | 12:02

A Xunta constata unha mellora na situación do polbo ao aumentar as capturas e o índice de recrutamento de xuvenís

Os desembarques rexistrados no mes de marzo son superiores aos do ano pasado e os recrutamentos duplican os de 2020 superando a media da serie histórica, que se remonta a 2005

19/04/21 | 15:09

Galicia avaliará o impacto do Brexit na súa frota pola posible perda de posibilidades de intercambio de cotas con outros países

A comunidade galega quere coñecer as consecuencias no sector da entrega do 25% das posibilidades de pesca europeas ao Reino Unido a cambio do acceso ás súas augas durante só cinco anos e medio

16/04/21 | 12:38

A Xunta pon en valor o papel da planta de ultraconxelado de produtos do mar situada en Mos durante a alerta sanitaria da covid-19

Grazas a esta infraestrutura a frota de palangre de superficie puido almacenar as súas capturas durante moitos meses de pandemia, pois no inicio da alerta sanitaria e ante as dificultades de comercialización a empresa incluso ampliou a capacidade de frío da que dispoñía