Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 834 novas da área temática Igualdade:

07/05/21 | 14:17

A Xunta destaca que a igualdade laboral é “unha oportunidade única” para a mellora do emprego feminino e para acadar xustiza social

A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, participou hoxe desde Santiago de Compostela nun webinario coa asociación Executivas de Galicia no que se ofreceu información sobre a nova normativa en materia de igualdade laboral

05/05/21 | 14:31 | C. de Economía e Industria

A Xunta ofrece formación para axudar ás empresas da industria forestal a adaptarse á nova normativa en materia de igualdade

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Ignacio Lema, e a directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, participaron esta mañá nun webinario informativo

04/05/21 | 17:35

A Xunta imparte formación aos empresarios do Deza en materia de igualdade laboral para favorecer a adaptación á nova normativa

A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, participou hoxe desde Santiago de Compostela nunha webinar coa Asociación de Empresarios de Deza na que informou sobre a nova normativa en materia de igualdade laboral

04/05/21 | 12:57

A Xunta renova o convenio para a quenda de garda psicolóxica para a atención 24 horas ás vítimas da violencia de xénero

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, asinou hoxe en Santiago de Compostela un novo convenio co Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia que dará continuidade á garda psicolóxica especializada e permanente ás mulleres que sofren agresións e ás súas fillas e fillos

28/04/21 | 14:22

A Xunta pon en valor o programa Malaikas que permitiu crear redes de apoio social con 200 mulleres migrantes participantes

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, mantivo hoxe un encontro de traballo cos representantes da Fundación Juan Soñador que desenvolve desde 2017 na Coruña, Lugo, Ourense e Vigo o programa Malaikas para mulleres migrantes

27/04/21 | 13:35

A Xunta asina en Lugo convenios con Alar Galicia e Aliad-Ultreia para a intervención con menores agresores e o acollemento de vítimas de explotación sexual

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, acompañada do delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou hoxe as dependencias de Alar Galicia e de Aliad-Ultreia

24/04/21 | 18:20

Lorenzana pon en valor o deporte feminino como motor de cambio cara á igualdade no acto 'Xacobeo Peregrinas' de Mondoñedo

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participaron na segunda sesión do ciclo de encontros multidisciplinares ‘Xacobeo Peregrinas’ en Mondoñedo (Lugo)

23/04/21 | 10:57

A Xunta incrementa nun 30% o convenio coa Fundación Meniños para a atención ás mulleres vítimas de violencia sexual e as súas familias

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, asinou hoxe na Coruña coa directora da entidade, Mónica Permuy, o documento de colaboración para seguir garantindo unha asistencia profesional integral e sensible a estas mulleres

19/04/21 | 17:29

A Xunta abre hoxe o prazo para inscribirse no curso de formación que facilitará ás empresas a implantación de planes de igualdad

A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, participou hoxe en Santiago de Compostela nunha webinar coa Asociación de Empresarios do Polígono do Tambre na que informou sobre a nova normativa en materia de igualdade

19/04/21 | 17:18

A Xunta reclama que o Estado compense a ruralidade de Galicia no reparto de fondos do plan ‘Corresponsables’ e na creación de centros de emerxencia para vítimas da violencia sexual

O secretario xeral da Consellería de Emprego e Igualdade, José Ramón Pardo, e a secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella participaron hoxe na Conferencia Sectorial de Igualdad que reúne a representantes de todas as Comunidades