Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1142 novas da área temática Economía:

08/09/21 | 14:45

A afección ao funcionamento dos ecosistemas polo baleirado dos encoros pode conlevar sancións de ata 2 millóns de euros en base á Lei de patrimonio natural

Na instrución dos expedientes sancionadores incoados polos desaugues de Cenza, As Portas, Salas e Belesar, o persoal instrutor procederá á petición dos informes técnicos correspondentes aos efectos de determinar as posibles alteracións

07/09/21 | 15:56

Medio Ambiente notificou o pasado venres á Confederación Hidrográfica do Miño-Sil a apertura dos catro expedientes sancionadores

Ángeles Vázquez sinala que “se o organismo estatal non é nin sequera capaz de abrir as notificacións oficiais, é normal que non soubera notificar á Consellería o baleirado dos encoros, como está obrigada a facer conforme á lei”

06/09/21 | 13:55

Medio Ambiente e Mar colaborarán para adaptar os portos autonómicos aos efectos do cambio climático

O departamento de Medio Ambiente achegará preto de 132.000 euros para financiar os traballos, que se encargará de executar o organismo autónomo Portos de Galicia

06/09/21 | 13:17

Medio Ambiente fixa as condicións para a presentación telemática de 30 procedementos en materia de biodiversidade, caza e pesca continental

Unha das modificacións que se introduce é o cambio de denominación do procedemento Primeira licencia de pesca fluvial, que agora será Licencia recreativa de pesca continental

06/09/21 | 11:06

Galicia aposta polo turismo mariñeiro a través dos Grupos de Acción Local do sector pesqueiro

O proxecto ‘Praia de Sanxenxo’ conta co respaldo do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro da ría de Pontevedra e ensina a persoas que visitan Galicia como é unha xornada laboral a bordo dun pesqueiro e as tarefas propias da pesca artesanal

05/09/21 | 16:13

Ángeles Vázquez subliña "a deslealdade institucional e o desprezo ás competencias autonómicas" do Goberno central no baleirado dos encoros

“A normativa galega concilia o respecto ao Estado coa protección da riqueza piscícola, pero a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil deixou de aplicar a regulación co obxecto de impedir que se puideran exercer as atribucións autonómicas de protección animal”, sinala a conselleira de Medio Ambiente

05/09/21 | 13:00

Ángeles Vázquez recibe ao pescador David Arcay tras gañar dúas medallas de bronce no mundial de salmónidos mosca de Finlandia

A conselleira agradece ao catro veces campión do mundo a súa implicación e esforzo por achegar ás novas xeracións de galegos os valores do mundo da pesca deportiva

04/09/21 | 17:14

Medio Ambiente incoa expediente sancionador fronte as concesionarias que efectuaron o baleirado de catro encoros de Ourense e Lugo

Estas entidades procederon a diminuír a auga encorada nas presas de Cenza, As Portas, Salas e Belesar sen agardar polas medidas necesarias e, polo tanto, sen a autorización que marca o regulamento galego de pesca fluvial