Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1388 novas da área temática Agricultura e gandería:

12/01/22 | 14:27 | C. do Medio Rural

A Xunta pon en valor os produtos de proximidade entregando a seis centros educativos de Ribadeo conservas elaboradas con excedentes da horta da asociación A Sucadoira

Trátase de pisto, marmelada de pemento, verduras mixtas, berenxena e pemento asado ou zume conseguidos mediante a transformación de máis de dúas toneladas de produto de dita asociación

12/01/22 | 10:02 | C. do Medio Rural

A Xunta convoca as axudas para o fomento das razas autóctonas galegas por un importe de 200.000 euros

As solicitudes deberán presentarse obrigatoriamente por vía electrónica, sendo o prazo de presentación dun mes contado a partir de mañá

09/01/22 | 13:07 | C. do Medio Rural
07/01/22 | 10:37 | C. do Medio Rural

A Xunta destina case 715.000 € a fomentar as actividades de interese agrario e a favorecer a actualización informática das organizacións profesionais e asociacións do rural

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as correspondentes resolucións da Consellería do Medio Rural, nas que figuran as 10 entidades beneficiarias

07/01/22 | 09:58 | C. do Medio Rural

Un total de 19 iniciativas recibirán case 2,13 M€ da Xunta para abordar proxectos piloto ou desenvolver novos produtos nos ámbitos agrario ou forestal

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe os beneficiarios destas achegas convocadas pola Axencia Galega da Calidade Alimentaria, que depende da Consellería do Medio Rural

03/01/22 | 12:09 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta concedeu en dez meses 443 axudas na provincia de Lugo para compensar os danos do lobo ao sector agrogandeiro

O delegado territorial, Javier Arias, explica que suman máis de 198.000 euros

01/01/22 | 11:33 | C. do Medio Rural

A Xunta impulsa un proxecto piloto de valorización, promoción e distribución de produtos locais da horta en Ribadeo

Dito proxecto está xestionado pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural a través do GDR Terras de Miranda e en colaboración coa asociación local “A Sucadoira”

30/12/21 | 11:09 | C. do Medio Rural

A Xunta convoca máis de 2,7 M€ en axudas para fomentar a elaboración e a comercialización de produtos vitivinícolas nos anos 2022 e 2023

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde da Consellería do Medio Rural pola que se convocan estas achegas

28/12/21 | 13:52 | C. do Medio Rural

A Xunta finaliza a concentración parcelaria da zona de Sasdónigas, en Mondoñedo, tras investir preto de 1,5 M€

Mediante este proceso de reorganización do territorio, que abarca unha superficie de case 600 hectáreas, multiplicouse por cinco a superficie media das parcelas resultantes

27/12/21 | 13:39 | C. do Medio Rural

A Xunta pon de relevo as posibilidades que ofrece para o sector primario a produción en ecolóxico tanto a nivel económico como ambiental

José Luis Cabarcos destacou que os produtos ecolóxicos, ao contribuír a protexer o medio natural, son cada vez máis demandados polos consumidores a nivel internacional