Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1231 novas da área temática Turismo:

15/10/21 | 13:25 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta pon en valor o potencial do xeodestino Arousa Norte ao que este ano o Goberno galego destina 48.000€ para o seu desenvolvemento turístico

O delegado territorial da Xunta na Coruña informou do convenio de colaboración asinado coa entidade e destacou a súa capacidade de innovar para reforzar os seus atractivos turísticos

15/10/21 | 12:21 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Preto de 250 profesionais participan nun webinar sobre as axudas da Xunta para a reactivación do sector turístico

A directora e o xerente de Turismo de Galicia resolveron as dúbidas do sector sobre as axudas que o Goberno galego ten abertas para a dixitalización e a subvención de equipamentos poscovid, dotadas cun total de 12M€.

14/10/21 | 15:02 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoiou a 16 axencias de viaxes da área de Santiago con máis de 48.000 euros

A Xunta pechou o prazo para unha nova liña de axudas que foi aprobada no marco dun novo paquete de novas medidas de apoio ao sector turístico galego cun investimento total de 15,8 M de euros das que se beneficiarán axencias de viaxes, establecementos hostaleiros e os concellos de menos de 10.000 habitantes

14/10/21 | 14:03 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia 8 actuacións de mellora das infraestruturas turísticas dos concellos da comarca de Bergantiños-Costa da Morte cun investimento de máis de 162.000 euros

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou a fervenza do Ézaro onde se reparou a súa pasarela grazas a estas axudas

14/10/21 | 12:54 | Secretaría Xeral de Emigración

Miranda percorre un tramo da Vía da Prata cos galegos do exterior que están a realizar o programa “Reencontros co Xacobeo”

O secretario xeral da Emigración estivo acompañado nesta visita polo alcalde de San Cristovo de Cea, José Luis Valladares

14/10/21 | 11:51 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina 6 M€ a accións de dixitalización e márketing dixital na hostalería para afondar na reactivación do sector turístico

O delegado territorial, Luis López, informa desta nova orde nunha visita ao Hotel Rías Bajas de Pontevedra, que recibíu unha achega de case 30.000€ ao abeiro da anterior convocatoria para a modernización das súas instalacións

13/10/21 | 17:20 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Bono Turístico inxecta preto de 300.000 euros na ponte do Pilar e confirma a reactivación do sector

Entre o venres 8 e o martes 12 de outubro fixéronse case 1.500 operacións, un 14% do total desta iniciativa impulsada pola Xunta para estimular o sector

13/10/21 | 14:46 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

“Elixe Galicia” recibe o recoñecemento nacional como mellor produto de turismo activo de 2021

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, recolleu o premio outorgado por FITUR e a revista especializada “Aire Libre” e destacou o recoñecemento tamén en datos de afluencia turística ao traballo feito polo Goberno galego para reforzar a mensaxe de Galicia como destino seguro e de calidade

11/10/21 | 16:12 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta acondiciona dúas estacións rupestres de petróglifos en Campo Lameiro coas axudas da orde de infraestruturas turísticas para concellos rurais

O delegado territorial, Luis López, supervisa esta mellora acompañado do alcalde, Carlos Costa, e informa da nova convocatoria, dotada con 3,5 M€ e que ten aberto o prazo de solicitude ata o 18 de outubro

11/10/21 | 13:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias destaca que programas como o Outono Gastronómico e as Rutas dos Viños favorecen a desestacionalización da oferta turística

A delegada territorial da Xunta en Vigo anima aos veciños da comarca viguesa a utilizar o bono turístico para así fomentar o consumo interno este mes de outubro