Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 873 novas da área temática Pesca:

20/05/21 | 17:24

Galicia acumula un investimento de máis de 12 M€ na renovación parcial da frota de gardacostas ao licitar un novo contrato para dúas patrulleiras

A licitación para a subministración destas dúas embarcacións conta cun orzamento de 2,2 millóns de euros e está cofinanciado polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca

20/05/21 | 13:39

A Xunta enxalza o esforzo da frota para abastecer á cidadanía con máis de 150.000 toneladas de produtos do mar en 2020

Este volume de peixes e mariscos descargados nas lonxas galegas o ano pasado representa un valor económico de máis de 410 millóns de euros

19/05/21 | 13:35

A Xunta pon en valor a implicación das entidades do sector pesqueiro e da inclusión social no aproveitamento dos plásticos

Rosa Quintana sinalou que o futuro pasa por converter os residuos en recursos, fomentando a economía circular baseada nos conceptos de rexeitar, reducir, reutilizar, reparar, reciclar e o de responsabilidade

19/05/21 | 12:24

Galicia impulsa o aproveitamento do Fondo Europeo Marítimo-Pesqueiro cun departamento específico para a súa xestión

Silvia Cortiñas explicou que a Subdirección Xeral de Planificación, Seguimento e Verificación creada pola Consellería do Mar coordina a actuación dos organismos intermedios na xestión dos programas operativos dos fondos europeos

14/05/21 | 14:46 | A Presidencia da Xunta

Feijóo garante o compromiso da Xunta co sector dos produtos pesqueiros, que xa superou a barreira dos 2.000 millóns de euros en exportacións

Precisa que en 2021 se destinarán 40 millóns de euros para investimentos en transformación e comercialización do sector

12/05/21 | 13:57 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Luis López destaca o apoio da Xunta á confraría de pescadores San Xulián da Illa de Arousa e pon en valor as melloras de modernización da lonxa

O delegado territorial visita as instalacións da entidade, unha das máis importantes de Galicia con máis de 900 socios, na compaña do patrón maior, Juan José Rial Millán, e do alcalde, Carlos Iglesias

05/05/21 | 16:31

Galicia inicia o intercambio de datos co Instituto Social da Mariña para deseñar o protocolo de vacinación dos mariñeiros da súa frota

A Xunta está a realizar as xestións necesarias para organizar a loxística de inmunización do sector tras recibir a autorización do Goberno central

05/05/21 | 11:33

Galicia avanza na toma das mellores decisións na xestión das pesqueiras do litoral grazas á información aportada polo atlas da baixura

A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro lembra que esta ferramenta fai unha radiografía da frota de artes menores da comunidade coas 20 modalidades de pesca e as 22 especies máis importantes así como a súa evolución

03/05/21 | 17:16

Galicia traslada á Presidencia do Consello da UE a necesidade de flexibilizar o regulamento de control da pesca e a urxencia de pechar un acordo de cotas co Reino Unido

Así llo expuxo ao ministro do Mar de Portugal e presidente do Consello de Ministros de Pesca da UE nun encontro por videoconferencia para tratar os principais asuntos de interese do sector marítimo-pesqueiro galego