Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 521 novas da área temática Lingua:

29/01/20 | 13:42

Cultura e Turismo convoca os cursos preparatorios das probas de acreditación do Celga para 2020

O Diario Oficial de Galicia e o Portal da Lingua Galega fan pública hoxe a resolución pola que se convocan 11 cursos presenciais e 24 en liña

24/01/20 | 20:10

Valentín García participa na apertura dos actos do ano Carvalho Calero en Ferrol

O secretario xeral de Política Lingüística interveu este serán na inauguración da exposición 'Imaxe de cen anos', que poderá verse ata o 31 de maio no Centro Cultural Torrente Ballester 

24/01/20 | 13:48 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Entidade para a Lingua Frisoa coñece o modelo plurilingüe de Galicia no CEIP Raíña Fabiola

A conselleira aproveitou a visita para comprobar o resultado da obra de rehabilitación integral executada

15/01/20 | 14:04

A mostra 'Don Ricardo de Fingoi' presenta a relación de Carballo Calero coa cidade de Lugo

O secretario xeral de Política Lingüística participou hoxe na inauguración desta exposición elaborada polo Colectivo Egeria co patrocinio da Xunta de Galicia

13/01/20 | 15:41 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Preto de 4000 estudantes de secundaria de toda Galicia participan en ‘21 días co galego e +’ para fomentar o uso da lingua

A segunda edición do programa promovido pola Xunta de Galicia enmárcase no Plan de dinamización da lingua galega na mocidade e ten como obxectivos que xente nova fale máis o galego e perfeccione o seu uso dentro e fóra das aulas

10/01/20 | 20:48

Un novo libro-disco de Paco Montero réndelle homenaxe ao autor das Letras Galegas 2020

O secretario xeral de Política Lingüística participou na presentación de 'Paco Montero canta a Lumieira de Carvalho Calero', que conta co apoio da Xunta  

09/01/20 | 14:12

A Xunta potenciará o talento audiovisual da mocidade expresado en galego co programa Lingua Rodada

O secretario xeral de Política Lingüística presentou este novo proxecto de dinamización lingüística dirixido a alumnado de educación secundaria