Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 776 novas da área temática Emerxencias:

09/12/20 | 16:26 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Policía Autonómica realizou 175 inspeccións e tramitou 42 denuncias durante a ponte da Constitución na provincia de Pontevedra nos controis de medidas ante a covid-19

Os 71 dispositivos despregados enmárcanse no plan de actuacións específicas destinadas a evitar a propagación do coronavirus, no marco da colaboración entre as forzas e corpos de seguridade, cada unha no marco das súas competencias

07/12/20 | 09:12 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa esta tarde unha alerta laranxa por temporal costeiro no litoral galego

Alértase dun fenómeno meteorolóxico adverso costeiro por vento de forza 8 e mar combinada con ondas de ata 6 metros

03/12/20 | 13:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa a alerta vermella por temporal costeiro na provincia da Coruña

Agárdanse ondas de 8 a 9 metros e continuará vixente a alerta laranxa no resto do litoral galego

02/12/20 | 20:41 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa este xoves a alerta laranxa por temporal costeiro no litoral galego

Alértase dun fenómeno meteorolóxico adverso costeiro por vento de forza 8 e mar combinada con ondas de ata 8 metros

02/12/20 | 12:19 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta agradece o labor dos voluntarios de Protección Civil con mais de 97.000 operativos dende o inicio da pandemia

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, indicou que o voluntariado tivo e ten un papel fundamental pola súa forte implantación e cercanía á veciñanza

30/11/20 | 14:10 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O delegado territorial da Xunta en Ourense reúnese co presidente da Asociación Provincial de Agrupacións de Protección Civil

Entre os anos 2015 e 2019 a Xunta de Galicia investiu na adquisición de medios de emerxencias aos concellos para a súa utilización polas AVPC ou servizos de emerxencia municipal algo máis de 12 millóns de euros en toda Galicia e de case que 3,5 millóns de euros na provincia de Ourense

26/11/20 | 16:55 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta investirá 85,6 millóns de euros na programación, seguridade e promoción do Xacobeo 2021

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, compareceu hoxe no Parlamento galego para explicar as contas do departamento que dirixe para o próximo ano

24/11/20 | 17:10 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Agasp leva a cabo unha xornada de formación sobre investigación de incendios, furtivismo e medio ambiente para os axentes da Policía Autonómica

A xornada foi inaugurada polo director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e o comisario da Policía Autonómica, Jorge Rubal