Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 720 novas da área temática Deporte:

18/03/21 | 14:31 | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete Lasa presenta a Regata da Muller como unha "aposta decidida polo deporte feminino" que tanto éxito lle ten dado a Galicia

Desenvolverase en catro fases diferentes (19 de marzo, 24 de abril, 8 de maio e 22 de maio) e que terá como colofón unha final con outras cinco tripulacións femininas doutras comunidades os días 4, 5 e 6 de xuño

18/03/21 | 14:22 | Secretaría Xeral para o Deporte

O Foro de Reactivación convoca unha nova xuntanza e comunica a atenuación de restricións no deporte galego

Para os concellos con mellor situación permitiranse grupos de seis persoas na práctica da actividade física deportiva non federada ao aire libre e aforamentos de 300 persoas en interior e mil en exterior nos espectáculos deportivos

17/03/21 | 14:52 | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete Lasa destaca no Parlamento a “receita do deporte galego: sacrificio, colaboración e responsabilidade” para acadar só un 0,2% de brotes nos equipos autonómicos

Destacou que “neste camiño de recuperación non imos esquecer a ninguén” e fala da inclusión dos ximnasios na segunda fase do Plan de Rescate así como a subida do 28,5% do orzamento da Secretaría Xeral para o Deporte

16/03/21 | 16:05 | Secretaría Xeral para o Deporte

O Clúster da Industria do Deporte e do Benestar de Galicia bota a andar para reactivar e recuperar o sector

Trátase dun espazo no que as empresas asociaranse para proporcionar recursos, capacidades, competencias, medios, formación e asesoramento ao amplo sector relacionado co ámbito deportivo

15/03/21 | 15:50 | Secretaría Xeral para o Deporte

O Complexo Deportivo de Monterrei abre a súa zona deportiva ao público e continua coa posta a punto da zona acuática

A reforma do Complexo Deportivo de Monterrei contará cunha zona deportiva e unha zona acuática como dous partes diferenciadas e independentes. O orzamento total da actuación roldará os 10 millóns de euros e será cofinanciado ao 50% entre Xunta de Galicia e Deputación de Ourense

08/03/21 | 16:51 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Luis López visita ao balonmán Atlético Guardés e cualifica ao club de “orgullo de Galicia e exemplo de superación e loita pola igualdade”

O delegado territorial acude a un encontro coa directiva, o adestrador e a plantilla para departir sobre a gran tempada que están a realizar e entregarlles uns obsequios da Secretaría Xeral da Igualdade

05/03/21 | 12:15 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García celebra que o albergue da Xunta de Portomarín vaia acoller a Copa de España de piragüismo infantil

Renova o acordo polo que se cede o centro para os adestramentos das mozas e mozos do Club Fluvial Lugo

02/03/21 | 13:46 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta investirá 69.000€ na mellora de instalacións deportivas en Laxe, en Cabana de Bergantiños e na Laracha

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou a piscina exterior descuberta no Cabo da Area que contará cunha axuda de 20.000 euros