Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1597 novas da área temática Benestar:

29/03/22 | 12:15 | C. de Política Social e Igualdade; A Presidencia da Xunta

Feijóo destaca que a Xunta levará servizos especializados para maiores á porta da casa de máis de 100.000 galegos

“A partir de hoxe, oito autobuses comezarán a percorrer a xeografía galega e permanecerán entre tres e catro días en cada concello”, di, subliñando que deste servizo poderán beneficiarse as persoas maiores de 55 anos, con cita previa e de xeito totalmente gratuíto

28/03/22 | 14:25 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García subliña o impulso histórico da Xunta na atención á discapacidade para facer de Galicia unha terra de oportunidades para todos

Destacou que nos Orzamentos de 2022 o Goberno galego achegou máis fondos ca nunca antes a este eido, 142 millóns de euros

28/03/22 | 12:22 | C. de Política Social e Igualdade

Política Social ten aberto ata o 8 de abril o prazo de matriculación nas tres escolas infantís públicas autonómicas de Marín

O vindeiro curso será o primeiro no que todas as nenas e nenos de 0 a 3 anos terán gratuíta a atención educativa en todas as escolas, independentemente da súa titularidade

27/03/22 | 12:03 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta publica unha guía para facilitar a posta en marcha de centros de servizos sociais en Galicia

O documento recolle todos os procedementos, requisitos e tipoloxías dos equipamentos nos que se desenvolvan dun xeito estable e continuado servizos, programas e actividades de servizos sociais nas distintas áreas

25/03/22 | 14:47 | C. de Política Social e Igualdade

Política Social sinala que as persoas en situación de exclusión social de Ourense contan cun aliado fundamental en Cáritas

O Goberno galego destina preto de 570.000 de euros a esta entidade con cargo á orde do 0,7% do IRPF e das axudas a entidades sociais

25/03/22 | 12:06 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García anima a construír unha sociedade na que toda a xuventude poida demostrar o que vale

No encontro participaron tres relator con historias motivadoras como a fotógrafa Angélica Dass, o exfutbolista Julio Alberto Moreno e o creador da ONG Ayúdame 3D, Guillermo Martínez

24/03/22 | 13:57 | C. de Política Social e Igualdade

Gabriel Alén salienta que a gratuidade das escolas infantís da provincia e de Galicia garante o acceso de todas as familias a un servizo esencial de conciliación

O delegado territorial subliñou que “a medida adoptada pola Xunta, cunha educación infantil universal, é pioneira entre todas as comunidades autonómicas e supón un investimento do Goberno galego de 30 millóns de euros, para beneficiar a máis de 30.000 familias”

24/03/22 | 11:17 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta abre o prazo de suxestións para definir a normativa e características do 'cohousing' sénior

As persoas interesadas en realizar achegas sobre os proxectos de aloxamentos compartidos destinados ás persoas maiores terán de prazo ata o 18 de abril para presentalas por vía electrónica

23/03/22 | 17:06 | C. de Política Social e Igualdade

Galicia é a segunda comunidade autónoma de España cunha maior porcentaxe de persoas con dependencia recoñecida atendidas

Un 95% das galegas e galegos están atendidos, nove puntos por riba da media nacional