Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1388 novas da área temática Agricultura e gandería:

25/01/22 | 10:34 | C. do Medio Rural

A Xunta convoca 3 M€ en axudas para proxectos de investimento en actividades non agrícolas

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe esta liña de achegas que, por unha banda, busca apoiar a adquisición de maquinaria e de equipamento en empresas existentes no rural e, por outra, promover novas actividades empresariais en aldeas modelo

25/01/22 | 10:21 | C. do Medio Rural

A Xunta convoca preto de 1,1 M€ en axudas para que os concellos galegos poidan mellorar os servizos básicos nas aldeas modelo ou nas zonas de polígonos agroforestais

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe esta nova liña de achegas, que se aproba no contexto da aplicación da Lei de recuperación da terra agraria

23/01/22 | 13:52 | C. do Medio Rural

A Xunta destina case 28.000 euros á mellora do mercado de Curtis para consolidalo como referente da venda de produtos agroalimentarios na comarca de Betanzos

Cun total de 150 postos habilitados, este mercado destaca por comercializar producións locais de primeira calidade como queixos, meles, froitas, hortalizas, pan e carne, ademais de produtos artesanais

23/01/22 | 13:01 | C. do Medio Rural

A Xunta presentou en Fitur a súa campaña Galicia etiqueta calidade para promocionar os produtos con selo de garantía do agro e do mar

José Luis Cabarcos reiterou que, para garantir o futuro dos produtores, a Xunta está a impulsar medidas como a Estratexia do lácteo e do viño -xa en marcha- e a da carne -na que se está a traballar-; a Lei de recuperación da terra agraria de Galicia e o Plan forestal de Galicia ata 2040

21/01/22 | 14:07 | C. do Medio Rural

A Xunta declara as aldeas modelo de Francos de Proendos en Sober, Covelo en Taboadela e Carzoá en Cualedro para poñer en valor a contorna destes núcleos de poboación

Promovidas no marco da Lei de recuperación da terra, súmanse ás outras 14 aldeas declaradas en Galicia para poñer a producir parcelas abandonadas ou infrautilizadas ao tempo que se fixa poboación e se avanza na anticipación aos incendios forestais

21/01/22 | 12:41 | C. do Medio Rural

Galicia acollerá en maio o congreso internacional de innovación rural no agro “Spin rural”

Inés Santé, que estivo acompañada pola secretaria xeral da axencia, Luisa Boquete, avanzou a axenda de actividades desta entidade para 2022, na que se dará prioridade á execución das ferramentas da Lei de recuperación da terra

21/01/22 | 11:23 | C. do Medio Rural

A Xunta aposta polo desenvolvemento de novas ferramentas para mellorar a optimización dos recursos agrarios e a xeración de actividades económicas no medio rural

A directora da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural explicou hoxe no Parlamento os obxectivos do proxecto de compra pública de innovación Aldeas Intelixentes

20/01/22 | 12:39 | C. do Medio Rural

A Xunta arranca a campaña de 2022 da PAC co obxectivo de axilizar procedementos de xestión e control e o pagamentos das axudas

José Balseiros tamén mantivo un encontro esta semana co presidente do Fondo Español de Garantía Agraria, con quen tratou o marco lexislativo da futura PAC e as novidades que presenta a campaña deste ano

17/01/22 | 10:49 | C. do Medio Rural
13/01/22 | 10:08 | C. do Medio Rural

A Xunta incrementa en preto dun 17% as axudas para o fomento da contratación de seguros agrarios ata os 7 millóns de euros

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a correspondente orde da Consellería do Medio Rural coas bases e coa convocatoria destas achegas