Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2788 novas da área temática Sanidade:

06/05/22 | 17:31 | C. de Sanidade

Garcia Comesaña visita as obras de reforma do servizo de farmacia do Clínico coas que se acadará unha atención máis eficiente

O Executivo galego destinará 3 millóns de euros á mellora das infraestruturas deste servizo e a adquisición de equipamento de última xeración e que estará en funcionamento este verán

06/05/22 | 14:41 | C. de Sanidade

O Sergas oferta máis de 2.500 prazas a prol da estabilización no emprego

A oferta recolle un total de 2.524 prazas das que 1.650 serán por concurso de méritos e 840 por concurso oposición

06/05/22 | 13:51 | C. de Sanidade

A Xunta adapta a norma que regula os estudos observacionais con medicamentos de uso humano

O Executivo galego vén de publicar no Portal de transparencia e goberno aberto o proxecto de decreto polo que se regulan estes estudos

06/05/22 | 11:27 | C. de Sanidade

O Sergas oferta 389 prazas nas oposicións que se celebran esta fin de semana

O sábado están convocados un total de 5.420 aspirantes para a cobertura de 251 prazas de condutor e pinche e 2.530 aspirantes están convocados para o domingo, para cubrir 138 prazas de calefactor, lavandeiro, logopeda, técnicos superior e de xestión de sistemas e tecnoloxías da información e traballador social

06/05/22 | 10:07 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 17.508 casos activos por coronavirus

Un total de 573.442 pacientes xa están curados

05/05/22 | 15:38 | C. de Sanidade

A Xunta colabora coa Fundación Lar Pro-Saúde Mental de Vilagarcía para o tratamento, coidado e inclusión das persoas con trastornos mentais

O delegado territorial, Luis López, e o xerente da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, José Ramón Gómez, visitaron as instalacións e coñeceron os programas financiados pola Consellería de Sanidade

05/05/22 | 15:16 | A Presidencia da Xunta

A Xunta elabora o Plan de obesidade zero en Galicia 2022-2025 para fomentar hábitos saudables

Feijóo explica que incluirá un total de 40 accións co horizonte de reducir o sobrepeso na comunidade un 15% no 2030

05/05/22 | 14:34 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Sanidade

A Xunta apoia dous programas de atención integral impulsados por Albores no ámbito da saúde mental

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que a entidade de Monforte de Lemos contou coa colaboración da Consellería de Sanidade para promover accións de acompañamento no fogar e de inserción sociolaboral

05/05/22 | 12:04

A Xunta chama á implicación da empresa e os servizos de prevención na loita contra as adiccións a alcol e drogas no eido da protección da saúde laboral

A directora xeral de Relación Laborais, Elena Mancha, inaugurou hoxe un webinario sobre a prevención do consumo del alcol e drogas nas organizacións, promovido polo Instituto de Saúde e Seguridade Laboral de Galicia (Issga)