Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 873 novas da área temática Pesca:

03/06/21 | 12:53

Galicia impulsa a actividade do Observatorio costeiro dedicado ao coidado do medio mariño

Desde hai máis de dez anos este instrumento da Xunta de Galicia ofrece información da costa galega de grande utilidade para a investigación e a toma de decisións por parte das administracións

02/06/21 | 12:33

A Xunta convoca 2 novos permisos de explotación para marisqueo a pé na confraría de Vilaxoán

O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles, tras a publicación destas convocatorias no taboleiro de anuncios da Xefatura Territorial e na páxina web da Consellería

01/06/21 | 17:28

Máis do 60% dos plans de xestión marisqueira inclúen a participación do sector na recollida de lixo mariño

Isto súmase ás accións que se están a desenvolver nos bancos marisqueiros ao abeiro da orde de axudas destinadas a este tipo de labores coas que no 2020 os profesionais do sector recolleron arredor de 40 toneladas de residuos

29/05/21 | 12:45

Galicia aposta por involucrar á sociedade para impulsar o cultivo sustentable de recursos mariños na Unión Europea

Rosa Quintana incidiu na importancia de desenvolver unha actividade respectuosa e compatible co medio ambiente e na necesidade de axilizar a tramitación administrativa vencellada a este sector para facelo máis atractivo

28/05/21 | 13:13

Galicia multiplicou por dez a facturación obtida da venda de algas no último decenio

Rosa Quintana destacou que o ano pasado se descargaron 430 toneladas deste recurso nas lonxas de Galicia por un valor económico de máis de 337.000 euros, fronte aos 37.000 euros facturados no ano 2009

25/05/21 | 12:44

A Xunta ve ilóxico que o Goberno central saque da manga un requisito que xamais foi pedido desde que existen os plans xerais de explotación marisqueira

Rosa Quintana cualificou de incomprensible que o Executivo estatal exixa agora un informe que nunca foi solicitado desde que os plans xerais entraron en vigor nos anos 90

24/05/21 | 14:14

A Xunta salienta a importancia de traballar para darlle valor aos produtos do mar e enxalza o labor dos armadores de Burela neste eido

A titular de Mar lembra que é fundamental conseguir que os clientes distingan e valoren a calidade dos peixes e mariscos de Galicia pois redundará en mellores prezos e maiores ingresos para os profesionais do sector

21/05/21 | 12:39

Rosa Quintana destaca o valor de iniciativas como Batétate para facer atractiva a cadea mar-industria ás novas xeracións

Fixo fincapé na formación como piar fundamental para asegurar un mellor porvir para o sector marítimo-pesqueiro e puxo en valor o papel das escolas de formación como as dependentes da Xunta

20/05/21 | 19:58

A Xunta denuncia o ataque inxustificado do Goberno central ao marisqueo en Galicia tras recorrer o Plan Xeral de Explotación Marisqueira 2021-2023

O Ministerio de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico pide a derrogación da orde pola que se aproba o plan alegando que non se solicitou un informe preceptivo e vinculante da Dirección Xeral da Costa e do Mar