Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta adxudica por case 880.000€ as obras das novas sendas na Medorra e Paiseo, nos concellos do Pereiro de Aguiar, San Cibrao das Viñas e Paderne de Allariz
Actuarase na marxe esquerda da estrada OU-101, na que se construirán sendas peonís para mellorar a seguridade viaria dos veciños destes tres municipios
A Xunta publica no DOG o inicio da información pública do proxecto das novas sendas nas vías PO-302 e PO-306 en Vilanova de Arousa, cun investimento de case 1,3 M€
Durante un período de 30 días hábiles, as persoas que así o desexen poden formular observacións relativas á concepción global do trazado deseñado
Ethel Vázquez anuncia a licitación das obras da senda entre A Ponte e Santa Cataliña, en Santa Comba, que estarán rematadas na primavera cun investimento da Xunta de 177.000 €
Habilitarase un itinerario peonil pola marxe dereita da estrada AC-404, de 450 metros de lonxitude e 1,8 metros de ancho, que unirá as zonas de beirarrúas actuais acadando un itinerario continuo que conecta os principais equipamentos
A Xunta publica no DOG o cambio de titularidade a prol do Concello de Mugardos dun treito antigo da actual estrada autonómica AC-133, na Fonte Grande
Transfírese un tramo de 136 metros de lonxitude do treito antigo da marxe esquerda desta vía autonómica, xunto co seu dominio público viario asociado, de 2.445 m²
A Xunta investirá máis de 242.000 euros na construción dunha senda peonil na estrada AC-524, no concello de Frades
Habilitarase unha senda de 770 metros pola marxe esquerda da estrada, que permitirá a conexión do núcleo rural de Pibideira cos do Pazo e Sobre dos Campos
A Xunta licita por máis de 366.000€ as obras de remodelación integral do parque de San Martiño de Carballo, dentro do plan de xestión do risco de inundacións no Río Anllóns
As obras desenvolverán a solución deseñada por Augas de Galicia para a construción de motas de protección fronte ás avenidas no parque
A Xunta remata os traballos de mellora da depuradora dos Praceres, que permite un salto de xigante na calidade da auga da ría de Pontevedra ao conseguir eliminar o 90% de contaminantes
Vázquez Mourelle destaca que as obras, cun investimento de 16,5 M€, se centraron na mellora da liña de auga para cumprir os límites de vertido da lexislación europea
A Xunta adxudica por case 820.000 € as obras de mellora do saneamento de Ver e de Boebre, no concello de Pontedeume
O obxectivo da actuación é eliminar os vertidos procedentes destes núcleos, para o que se construirá unha nova estación de bombeo en Ver e nova rede de colectores e impulsión, ademais dunha estación depuradora en Boebre
A Xunta porá en servizo este mes de xullo o acceso provisional a Folgoso do Courel, alternativa ao treito cortado da estrada LU-651
Trátase dunha solución a curto prazo para garantir o paso do tráfico, tamén para vehículos pesados
Ethel Vázquez avanza que en outono os veciños de Castro de Rei terán á súa disposición unhas beirarrúas renovadas, accesibles e seguras que completan un investimento da Xunta de 700.000 € na LU-113
A intervención, cun investimento de case 420.000€, desenvólvese ao longo de case un quilómetro, desde a praza de Galicia ata a saída do núcleo