Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 521 novas da área temática Lingua:

17/02/20 | 12:33

A Xunta destaca que Carvalho Calero será o protagonista dun día das Letras Galegas amplamente participativo e internacional

Román Rodríguez aludiu ao carácter “especial e diferente” desta celebración “que se renova co talento e a pegada indeleble da palabra, o pensamento e a lingua” e referiuse ao 2020 como “un gran ano para a cultura galega”

15/02/20 | 13:56

A Xunta súmase á homenaxe a Domingo García-Sabell tributado pola Irmandade da Sanidade Galega

O secretario xeral de Política Lingüística lembrou o papel do médico galego no ámbito sanitario e as repercusións que isto ten para o prestixio da propia lingua e a mellora da atención ao paciente

14/02/20 | 12:58

O Museo do Mar de Galicia acolle a presentación da nova edición do certame para a mocidade ‘Lingua de Namorar’

Contou coa asistencia do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e da directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel

07/02/20 | 21:31

O Día dos Medios en Galego visibiliza o uso da lingua propia de Galicia no ámbito do xornalismo

Valentín García participou nos actos organizados con este fin por AMEGA co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística 

06/02/20 | 14:29 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia; Secretaría Xeral de Emigración

O Celga universalízase coa posta en marcha do nivel de aprendizaxe 2 en liña

O 16 de marzo arrancan os primeiros cursos en liña do Celga 2 que, canda os outros tres niveis de aprendizaxe xa existentes, lle garanten o acceso global á aprendizaxe oficial do galego a calquera cidadán desde calquera parte do mundo

03/02/20 | 18:53

A Xunta clausura en Cambre a segunda edición de '21 días co galego e +'

O secretario xeral de Política Lingüística e o director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa valoraron as claves do éxito deste programa de dinamización lingüística que chegou a case 4000 estudantes

03/02/20 | 14:04

Política Lingüística incrementa as axudas a proxectos de fomento do galego en centros educativos públicos

As convocatorias de subvencións tanto para colexios e institutos públicos como para colexios privados están abertas ata o 2 de marzo

30/01/20 | 18:41

Guadi Galego recibirá o Premio á Promoción da Realidade Plurilingüe do Estado o 20 de febreiro en Madrid

Euskadi, Cataluña, Galicia, Valencia, Navarra e Baleares entregarán o galardón concedido á artista galega en novembro polo seu último traballo discográfico multilingüe 'Immersion', integrado por músicas cantadas en sete linguas peninsulares

29/01/20 | 17:55 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aposta pola colaboración coa Comunidade de Países de Lingua Portuguesa

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, reuniuse hoxe en Lisboa coa directora xeral da Comunidade de Países de Lingua Portuguesa, Georgina Benrós de Mello