Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 834 novas da área temática Igualdade:

02/06/21 | 17:02

A Xunta referenda o seu compromiso co emprendemento feminino por medio do programa Emega que o ano pasado apoiou 25 empresas na provincia de Lugo

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, visitou hoxe as dependencias de Tenzas, empresa promovida por mulleres beneficiarias do programa Emega

02/06/21 | 13:15 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Gabriel Alén destaca o papel das mulleres nos medios de comunicación como factor clave para reforzar a liberdade de prensa e a diversidade de opinións

O delegado territorial afirmou que esta exposición supón un merecido recoñecemento ao papel que xogaron as precursoras galegas da comunicación na loita pola igualdade entre mulleres e homes

02/06/21 | 12:12

O Diario Oficial de Galicia convoca axudas para a atención integral a vítimas de trata e de explotación sexual e/ou laboral

A Xunta apoia proxectos de atención social integral nos que se inclúen, entre outros, o apoio psicolóxico, orientación laboral e xurídica e traballo de rúa para localizar ás vítimas e ofrecerlles apoio

01/06/21 | 13:33

A Xunta incide en Vigo na necesidade de reforzar os apoios ás mulleres vulnerables

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, reuniuse hoxe na delegación da Xunta en Vigo con representantes das asociacións Adicam e Ayuvi que traballan, respectivamente, con mulleres con cancro e nais en risco de exclusión

31/05/21 | 11:55

A Xunta oferta 90 estadías de lecer en Galicia para mulleres soas que coidan en exclusiva dos seus fillos e fillas

O obxectivo é facilitarlles un tempo desligado da súa rutina, no que intercambiar experiencias a través da convivencia e reforzar o vínculo materno-filial

28/05/21 | 13:22

A Xunta levará ata os Xogos Olímpicos de Toquio a súa campaña NON á violencia de xénero da man de deportistas galegos

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, e o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete, presentaron hoxe en Pontevedra o acordo de colaboración que permitirá desenvolver Reto Galicia-Toquio con Igualdade

27/05/21 | 19:14

A Xunta subliña o esforzo realizado na pandemia para garantir a seguridade e axudar ás vítimas de violencia de xénero

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, presentou hoxe no Parlamento de Galicia os informes de violencia de xénero correspondentes a 2020, un ano no que a Xunta reforzou as medidas económicas e de protección ás vítimas

22/05/21 | 19:04

A Xunta enxalza o papel decisivo das mulleres emprendedoras para revitalizar o rural nunha nova sesión de 'Xacobeo Peregrinas' en Xunqueira de Ambía

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participaron na 3ª sesión multidisciplinar do ciclo ‘Xacobeo Peregrinas’ na Colexiata de Xunqueira de Ambía (Ourense)