Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 720 novas da área temática Deporte:

06/04/21 | 19:30 | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete Lasa recibe á directiva da Real Federación Española de Hóckey e destaca o bo nivel dos equipos de Galicia

Destaca que o hóckey galego non deixa de medrar como demostra que en xaneiro de 2022 celebrarase en Ourense o Campionato de Europa de Hóckey Sala Feminino

06/04/21 | 12:26 | Secretaría Xeral para o Deporte

A secretaría xeral para o Deporte destina 20.000 euros a crear unha pista de pádel en Portomarín

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explicou que a Xunta colabora cos concellos para ofrecer dotacións que impulsen a práctica deportiva entre a cidadanía

30/03/21 | 14:48 | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete Lasa recibe a Eduardo Iglesias tras a súa excelente participación no Dakar e coa vista posta xa na tempada que vén

Nesta última edición de 2021, a Secretaría Xeral para o Deporte e Galicia Calidade colaboraron co piloto lucense a través de senllos contratos de patrocinio

27/03/21 | 12:57 | Secretaría Xeral para o Deporte

Friol estrea a cuberta do pavillón do CPI López Suárez grazas ao apoio da Xunta

Preto de 10 millóns de euros serán destinados a obras de creación e reforma de infraestrutura deportiva en 2021

26/03/21 | 13:59 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; Secretaría Xeral para o Deporte

A Xunta destaca a importancia do remate de "La Vuelta 21" en Galicia para promocionar o turismo galego a nivel internacional neste Xacobeo

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda; o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez; e o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete, participaron hoxe na presentación das 3 últimas etapas da proba ciclista pola comunidade ata rematar na praza do Obradoiro

25/03/21 | 12:01 | Secretaría Xeral para o Deporte

Os equipos de Lugo adquiriron en 2020 equipamento por valor de 80.000 euros grazas á orde da Xunta que este ano mantén o seu orzamento (700.000 euros)

O secretario xeral para o Deporte e o delegado de Lugo mantiveron un encontro cos equipos da provincia beneficiados

23/03/21 | 14:05 | Secretaría Xeral para o Deporte

A Xunta publica a quinta e derradeira guía DXT Galego sobre a organización de competicións e calendarios e a presentación do sistema iterativo de competición modular

As Guías DXT Galego ‘Volvendo con sentidiño’ poñen á disposición de federacións, clubs, profesores e adestradores suxestións con base científica que permitan acelerar a volta á normalidade na práctica da actividade deportiva con toda a seguridade e cumprimento das normativas

22/03/21 | 14:24 | A Presidencia da Xunta; Secretaría Xeral para o Deporte

Feijóo destaca o compromiso da Xunta coa saúde a través do deporte coa inauguración da fase deportiva do Complexo de Monterrei

Salienta que a Secretaría Xeral para o Deporte contará neste 2021 cun orzamento que medra con respecto a 2020 un 28,5%, ata acadar os 32,5 millóns, dos cales máis de 9 millóns estarán destinados á construción de infraestruturas deportivas