Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2383 novas da área temática Cultura:

08/07/22 | 19:33 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Museo Massó abre o seu XX aniversario cunha exposición que inclúe varias pezas dos seus fondos sobre cartografía marítima histórica

Percorre a lenda da Traslatio do Apóstolo e inclúe, ademais, cartas de navegación por outros territorios como o Mediterráneo, a Península Arábiga e o Golfo Pérsico

08/07/22 | 13:09 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Museo das Peregrinacións percorre desde hoxe os vínculos xacobeos da Chacona a través de máis dun cento de instrumentos antigos e arquivos sonoros

A exposición estuda a relación desta forma musical ancestral con Santiago e co Camiño a partir do canto que o peregrino inglés Willian Wey transcribiu no seu diario no século XV e que é considerada a primeira chacona escrita da historia

07/07/22 | 15:53 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

O rural galego contará con bibliotecas móbiles para que poidan gozar deste servizo

Explica que o obxectivo desta medida é achegar o préstamo de libros e material audiovisual aos concellos que aínda non contan con este servizo

07/07/22 | 13:35 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta presenta o concerto de Imagine Dragons que terá lugar o vindeiro luns no Monte do Gozo no marco dos Concertos do Xacobeo

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e a co-directora de Sweet Nocturna, Raquel Seijo, presentaron esta mañá o concerto que é un dos tres que a banda dará en España
 

06/07/22 | 13:50 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta lanza unha convocatoria para realizar residencias artísticas no Gaiás dirixida a proxectos de artes plásticas, escénicas, musicais ou de deseño

Cada unha das catro propostas seleccionadas –unha por cada área– recibirá unha dotación económica de 8.000 € para a súa materialización

06/07/22 | 13:41 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
05/07/22 | 14:45 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Anxo M. Lorenzo salienta que os 19 proxectos aspirantes ao PERTE cultural deseñados por Xunta e sector avalan o seu peso na economía

“Un PERTE para a cultura é imprescindible para acompañar a transformación dixital, reforzar a creación e internacionalizar o sector”, expresa

05/07/22 | 13:45 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Salón Teatro recibe ‘Tartufo’, coprodución do Centro Dramático Galego con compañías públicas e centros de ensino de Portugal, Francia e Galicia

O responsable de Industrias Culturais da Xunta visitou esta mañá o equipo artístico deste espectáculo internacional que nace ao abeiro do Proxecto NÓS/NOUS no marco do programa europeo Erasmus+K2

04/07/22 | 15:41 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O festival peregrinos musicais arranca a próxima semana en Santiago co apoio da Xunta e o impulso dunha decena de novos talentos da música clásica

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, presenta a nova edición do certame que por primeira vez contará con todos os seus concertos de balde

04/07/22 | 13:36 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta apoia a novena edición dos premios Martín Códax da Música para contribuír á difusión e recoñecemento dos profesionais galegos do sector

A asociación Músicas Ao Vivo presentou os galardóns no Salón Teatro de Santiago, onde anunciou a creación de dúas novas categorías extraordinarias e a apertura do prazo de inscrición de proxectos entre o 11 e o 31 de xullo