Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Xunta e Movistar+ promoven o Camiño de Santiago nunha serie documental da man do escritor Javier Sierra
O programa arrancará o 7 de xuño e versará sobre os mitos, lendas e misterios das rutas xacobeas
Feijóo salienta que neste Ano Santo 21-22 Galicia volve abrirse ao mundo para acoller ao peregrino que busca inspiración e acougo
Non nos resignamos a que a crise do coronavirus frustrara a ilusión de tantos peregrinos”, di, resaltando que, con este obxectivo, a Comunidade empeñouse en facer desta terra un destino confiable e seguro
A Xunta e a Deputación da Coruña reforzan neste Xacobeo a colaboración para promocionar as rutas que pasan pola provincia a través da Mesa dos Camiños
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, participou hoxe xunto co presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, na constitución da Mesa de Traballo do Camiño Inglés e do Camiño Fisterra-Muxía ao seu paso pola provincia da Coruña
Unha «music truck» percorrerá durante 20 días os camiños Francés, Inglés e Portugués, para achegar a música galega aos peregrinos
A iniciativa enmárcase na programación do Xacobeo, a través da colaboración coa Fundación La Caixa, e permitirá ofrecer un percorrido sonoro pola historia da música galega máis recente
Trenor participou na entrega de premios da II Peregrinación Escolar do Camiño Inglés incluido no programa “O teu Xacobeo”
O proxecto “Escape Room – Atrévete a percorrer o Camiño Inglés” consistiu nun divertido videoxogo baseado no Camiño Inglés desde Ferrol, no que cada peregrino tivo que superar probas conseguindo os contrasinais
Román Rodríguez sitúa a rehabilitación da catedral de Santiago como exemplo a seguir no Plan catedrais que ultima a Xunta
Salienta a calidade das últimas actuacións de renovación integral das cubertas, que permiten manter a esencia coa que foron ideadas grazas á tecnoloxía do S.XXI
O programa 'Vexo veo Xacobeo' da Xunta chega a Tui para impulsar a divulgación e promoción dos Camiños de Santiago e do Ano Santo entre os escolares
O delegado territorial, Luis López, asiste ao espectáculo didáctico de contacontos no CEIP de Randufe e destaca “a implicación de toda a sociedade galega no Xacobeo, que terá aínda maior intensidade cando quede atrás a crise sanitaria”
A Xunta convida a medio centenar de creadores e científicos a imaxinar a ‘Galicia futura’ na grande exposición do Xacobeo en 2021
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, anuncia que a mostra funcionará como un elemento reactivador do sector cultural, cunha vintena de proxectos artísticos encargados de xeito específico para a mesma
Feijóo invita a camiñar a Galicia para desfrutar dun destino extraordinario e prepararse para bater o récord de 5 millóns de visitantes en 2022
Asevera que esta campaña é unha invitación a desfrutar tamén dun destino seguro e de calidade, que dá resposta ao turismo que demanda natureza e paisaxe; lecer e gastronomía; e atención, con 328 establecementos coa Q de calidade
Feijóo subliña que o compromiso de Portugal co AVE Vigo-Porto é un importante acicate para que o Goberno de España priorice unha infraestrutura estratéxica para ambos países
Sobre os fondos europeos Next Generation refírese ao proxecto relacionado coa automoción que ten presentado a candidatura galega, ademais de avaliar as sinerxías que neste eido poden desenvolver Galicia e o norte de Portugal