Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1388 novas da área temática Agricultura e gandería:

27/01/22 | 14:11 | C. do Medio Rural

A Xunta avanza na estratexia da carne inaugurando as súas mesas de propostas para reactivar a produción e o consumo deste sector clave do agro galego

Desde que en setembro pasado arrancase o proceso participativo de elaboración da Estratexia cunha xuntanza con todos os axentes implicados, tiveron lugar varios encontros de traballo que se seguirán producindo para analizar e redactar medidas

27/01/22 | 10:53 | C. do Medio Rural

A Xunta prohibe dende este sábado as queimas agrícolas e forestais de particulares debido ás condicións meteorolóxicas

Isto implica que dende hoxe non se darán máis permisos e os xa concedidos quedarán en suspenso a partir deste vindeiro sábado

27/01/22 | 10:36 | C. do Medio Rural

A Xunta destina máis de 6 M€ para financiar proxectos de grupos operativos que innoven no agro galego

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria destas axudas da Consellería do Medio Rural

27/01/22 | 10:29 | C. do Medio Rural

A Xunta destina máis de 2,4 M€ para o desenvolvemento de proxectos piloto, novos produtos, prácticas e tecnoloxías no sector agrario

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe estas achegas, que están cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020

27/01/22 | 10:26 | C. do Medio Rural

A Xunta destina 80.000 euros á décimo terceira edición dos Premios ao desenvolvemento rural de Galicia

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria destes galardóns, dirixidos aos proxectos que contribúan de xeito singular a promocionar o medio rural e a xerar unha sociedade rural máis dinámica e cohesionada

26/01/22 | 14:40 | C. do Medio Rural

A Xunta destinará 37,5M€ este ano ás axudas para a incorporación de mozos á actividade agrogandeira e para a mellora de explotacións no rural

Trátase de subvencións que xestiona a Consellería de Medio Rural para a execución de plans de mellora, para a incorporación de mozos ao agro e para o desenvolvemento de pequenas explotacións

26/01/22 | 13:18 | C. do Medio Rural

A Xunta destinará 37,5 M€ este ano ás axudas para a incorporación de mozos á actividade agrogandeira e para a mellora de explotacións no rural

Trátase de subvencións que xestiona a Consellería de Medio Rural para a execución de plans de mellora, para a incorporación de mozos ao agro e para o desenvolvemento de pequenas explotacións

25/01/22 | 15:00 | C. do Medio Rural

A Xunta declara as aldeas modelo do Seixo na Gudiña e de Mouteira-Parada en Cerdedo-Cotobade no marco da Lei de recuperación da terra agraria

No caso da Gudiña, ten un perímetro 31,78 hectáreas, abranguendo unhas 223 parcelas e uns 76 propietarios; mentres a de Cerdedo-Cotobade conta con 19,6 ha, unhas 427 parcelas e uns 109 titulares catastrais

25/01/22 | 11:59 | C. do Medio Rural

A Xunta activará en febreiro o proceso de certificación “Comedor Km 0” nos seus centros de formación e experimentación agroforestal

Este recoñecemento busca poñer en valor as boas praxes sobre aprovisionamento e manexo do alimento que se veñen facendo nos comedores destes centros, pero sen esquecer a marxe de mellora que poidan presentar

25/01/22 | 11:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca a consolidación da Central Agropecuaria de Galicia Abanca cun aumento da facturación o ano pasado do 67% ata os 21 M€

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, visitou hoxe en Silleda as instalacións da lonxa, que está considerada un referente ao contar coa única poxa informatizada de vacún en España